Innovadores por tradición

En Finsa adicámonos dende case cen anos á transformación industrial da madeira, deseñando e fabricando solucións técnicas e decorativas para os espazos que nos rodean. 

Dende os nosos comezos fumos conscientes da responsabilidade que adquiriamos ao contar coa madeira como elemento base.
Aprendemos dela e incorporamos á nosa organización algunhas das súas virtudes, como a versatilidade, a solidez ou a durabilidade.

En conexión co entorno, continuamos traballando para dar resposta ás necesidades do sector do hábitat e a construcción. Fabricamos e transformamos produtos derivados da madeira: taboleiro, superficies decorativas, componentes para mobles, chan laminado e madeira maciza. Nos nosos procesos, basados no desenvolvemento da innovación, o deseño, a circularidade, a madeira non perde cualidades senón que mellora a súa eficacia. 

Convidámoste a conectar con Finsa.

Preview
1931
A orixe
Inicio da actividade industrial nun aserradeiro en Portanxil, Ames (Galicia).
1947
Finsa
O proxecto pasa a denominarse Financiera Maderera, S.A. (FINSA).
1965
Taboleiro de partículas
Pioneiros no aproveitamento dos desperdicios de material para fabricar taboleiro aglomerado. 
1970
Taboleiro decorativo
Nos anos 70 incorporamos ao taboleiro o valor engadido do deseño, personalizándoo con melamina.
1980
Taboleiro de fibras
Nos anos 80 incorporamos novas tecnoloxías para producir MDF.
1990
Finfloor
Xurden novas necesidades e introducimos solucións novidosas como a chapa natural e o chan laminado.
2000
Materiais innovadores
Comezamos a producir Superpan e outros taboleiros especiais coma o Finlight ou Compacmel Plus.
2010
Hábitat
Nesta década potenciamos o deseño e a especialización en solucións para o hábitat e a construcción.
2020
Madeira estructural
Primeira fábrica de madeira contralaminada (CLT) de Galicia.

Cifras crave

  • 3277 

    Persoas empregadas
    no 2023




     

  • 1223

    Ventas en millóns
    de euros no 2023

  • 76

    Inversións en millóns
    de euros no 2023

  • Estado de información
    no financiera 2023 (ES)

  • Estado de información
    non financieira 2022

  • Estado de información
    non financieira 2022

  • Estado de información
    non financieira 2022 (FR)

  • Estado de información
    non financieira 2022 (EN)

  • Estado de información
    non financieira 2021

  • Estado de información
    non financieira 2021 (EN)

  • Estado de información
    non financieira 2020 

  • Estado de información
    non financieira 2019

  • Estado de información
    non financieira 2018

  • Código de conduta

  • Código de conduta (EN)

  • Proveedores

  • Prevención de la esclavitud y
    trata de seres humanos ES-EN