Superficies decorativas
-
Superficies Decorativas
Cores, materiais e texturas de nova xeración que amosan as inmensas posibilidades da madeira postas ao servizo da creatividade e do deseño.
-
Superficies Decorativas Naturais
A chapa de madeira é un material único por natureza que, grazas á súa versatilidade, permite crear espazos diferentes e personalizados de calquera estilo decorativo.
-
Paneis Texturizados
As gamas Tex enriquecen as características materiais e sensoriais de calquera espazo interior a través dunha variada oferta de superficies con relevo. As diferentes texturas en formas liñais, xeométricas ou fantasías, e a opción de aplicar calquera verniz ou lacado, dan lugar a infinitas posibilidades decorativas.
-
Paneis decorativos
Gama de paneis decorativos entre os que se atopan o FibraColour®; formado por fibras de madeira coloreadas en toda a súa masa, GreenPanel®; un panel ultralixeiro composto por caras de fibras de madeira, e CompacDecor®, un taboleiro de fibras de madeira especialmente desenvolvido para ser utilizado en ambientes interiores de alta humidade ou en ambientes que requiran unha resistencia elevada.