Superficies Decorativas
-
Duo
Gama de decorativos práctica e flexíbel pensada para adaptarse a calquera proxecto, tanto dende o punto de vista decorativo como técnico.
-
Studio
Superficies versátiles con texturas singulares, profundas e a rexistro, unindo así, funcionalidade e deseño de vangarda.
-
Technical Matt
Gama de solucións decorativas especialmente deseñadas para un uso horizontal intensivo con excelentes propiedades antibacterianas e resistencia ao raiado e á calor seca.
-
Topglass
Gama de materiais para o seu uso vertical que simulan o efecto óptico do vidro, aínda que é moito máis lixeiro e resistente á rotura.
-
Solid
Nova gama de superficies antipegadas brillantes ou mates, a base de polipropileno, axeitadas para aplicacións verticais, caracterizadas pola súa durabilidade, resistencia ao desgaste e tacto agradable. Está dispoñible en diferentes unicores.
-
L100
A nosa gama de superficies brillo máis competitiva, con acabado brillo 100 Gloss. Dispoñible en catro brancos diferentes, ten como soporte SuperPan® EZ, que potencia a súa calidade superficial e achega unha mellora ao envellecemento do brillo.
-
Grip
Este material antiescorregadizo de alta calidade une unha estética elegante cun gran poder protector. Selección decorativa que toma inspiración das últimas tendencias.
-
Fabric
Fabric é unha innovadora gama de superficies decorativas composta por tres tipoloxías de materiais: Suede, Linum e Pelle. Unha selección de téxtiles auténticos e coiro natural reciclado, seleccionados polas súas cualidades sensoriais distintivas.