A gama Sense Natur de taboleiros revestidos con chapa de madeira natural barnizada está deseñada para ofrecer unha solución práctica, estética e de alta calidade.
Estas taboleiros están feitas coidadosamente con materiais de calidade seleccionados. Entréganse totalmente barnizados e listos para usar. Isto elimina a necesidade de procesos de acabado adicionais.
Co noso produto, non só aforras tempo e recursos no proceso de barnizado, senón que tamén consegues un acabado uniforme e profesional. Grazas á súa versatilidade, estos taboleiros son ideais para aplicacións en mobles, deseño de interiores e proxectos que requiren unha solución práctica.
A gama divídese en dúas propostas. Por unha banda, temos Sense Natur Premium, cun acabado supermate onde se coidou tanto a selección e composición das chapas, como o seu tratamento de cor e textura. É a opción máis axeitada para os proxectos máis esixentes.
Doutra banda, atoparás Sense Natur Basic, cun acabado mate e que é unha opción funcional que non perde naturalidade.
Características da gama Sense Natur
- Materiais de madeira natural
- Taboleiro rechapado e barnizado
- Gran regularidade
Vantaxes da gama Sense Natur
- Superficie xa acabada para o seu procesamento
- Mantén a naturalidade da madeira
- Superficie de alta calidade e gran regularidade grazas á dosificación precisa e á consistencia do revestimento
- Prazos de entrega máis curtos grazas á fabricación con materiais de madeira natural
- Maior rendibilidade e eficiencia que outras alternativas de acabado de madeira natural
Aplicacións recomendadas
- Aplicacións verticais de alcance xeral. Apto para mobles de uso xeral para o fogar. Descartamos o seu uso en cociñas, baños ou zonas húmidas.
- Sense Natur Premium é axeitado para frontes de cociña.
Caras do taboleiro Sense Natur
- Cara superior: A cara do taboleiro sempre será de Calidade Plus (código Finsa 033), axeitada para o seu uso en decoración de alta gama, frontes de mobles, revestimentos, portas, etc.
- Parte traseira: A parte traseira do panel está cuberta con chapa da mesma especie pero de menor calidade Finsa 036 (AB), aceptando maiores contrastes ou imperfeccións naturais propias de cada especie de madeira, unidas en libro ou entaboado segundo o deseño. Temos a excepción do Roble Balance Natural, que ao ser unha chapa reconstituída presenta ambas as caras da mesma calidade.
Ambos os lados do taboleiro están protexidos cunha película plástica transparente para evitar danos durante a manipulación e o transporte.
Complementos
Para garantir un acabado perfecto en calquera proxecto, ofrecemos cantos de madeira natural barnizada, cantos de ABS e un rotulador de retoque. Con eles podes asegurar unha correcta combinación de todos os elementos.