Unha viaxe no tempo dende 1928 para rememorar o esplendor do ferrocarril a principios do século XX
Ilmiodesign aplicou varios acabados técnicos de madeira para recrear ambientes mdoernos e nostálxicos nesta restauración dun hospitality de luxo.
Obra: estación Canfranc, a Royal Hideaway Hotel.
Proxectista: Ilmiodesign.
Produtos: Fimaplast y Fibraplast Nogal Siroko Atlas, MDF e Fibraplast ignífugo Olmo Ontario Poro Arenado.
Aplicacións: mobiliario, armarios e revestimentos.
Localización e ano: Canfranc (Huesca), 2023.
A CLAVE DO PROXECTO:
«AS SOLUCIÓNS DE FINSA PERMITÍRONNOS UNIFICAR TODOS OS ACABADOS DE MADEIRA DO HOTEL POLA SÚA CALIDEZ E ELEGANCIA, FUSIONADOS CON SUTILES ELEMENTOS ART DÉCO»
ANDREA SPADA E MICHELE CORBANI, FUNDADORES DE ILMIODESIGN
A remodelación e restauración da estación transpirenaica de Canfranc (Huesca), inaugurada en 1928, zumega historia: paso entre España y Francia, almacén de ouro nazi, refuxio de xudeus… Tendo en conta toda esta historia, só podía ser un tipo de hospitality cheo de luxo, onde se manteña a esencia do patrimonio industrial.
Ilmiodesign encargouse do deseño de interiores e da supervisión do proxecto. Dende o principio tivo claro que tiñan que crear «un look&feel que restaurase e reflectise o esplendor do ferrocarril de principios do século XX, inspirándonos na estética das antigas estacións e dos luxosos trens de longa distancia, cos seus particulares vagóns e elementos representativos, pero cun toque moderno», detalla o estudo.
O punto de partida para o deseño de interiores foi «unificar todos os acabados de madeira do hotel» para recrear espazos cálidos e elegantes que «se mesturasen con elementos art déco para crear ambientes modernos e nostálxicos». Engaden que as solucións de Finsa aplicadas a mobles, armarios e revestimentos encaixan perfectamente nesta viaxe no tempo a través do hospitality de luxo.
En canto á escolla dos acabados, aclaran que eran «a idea que tiñamos das madeiras empregadas a principios do século XX nos trens de luxo que viaxaban por Europa, como o Orient Express». Destacan que a estética da madeira técnica e os seus acabados «melloraron moito nos últimos anos, conseguindo un aspecto natural. A isto súmase a súa resistencia e facilidade de mecanizado, o que garante a súa durabilidade a longo prazo», explica o estudo.
Un dos grandes retos da nova estación Canfranc Estación foi integrar o carácter monumental da estación como Ben de Interese Cultural, respectando a súa estrutura e morfoloxía para darlle unha segunda vida durante a súa renovación. Agás o vestíbulo, que estaba protexido, o resto do edificio foi deseñado desde cero, inspirándose nas grandes estacións da Gare du Nord, Milano Centrale…, pero engadindo un enfoque ecolóxico á escolla dos materiais.
Outro aspecto relevante deste proxecto é que Ilmiodesign deseñou en exclusiva case todo o mobiliario, o que reforzou a singularidade deste hotel de luxo. Ao mesmo tempo, salientan a iluminación como un factor esencial «para realzar a esencia da comodidade e a sofisticación que buscabamos», comentan. Para iso, crearon un circuíto de intensidade e cor, así como identificaron zonas específicas mediante lámpadas e apliques orixinais, todas elas pezas inspiradas no mundo ferroviario, combinadas con vidro e latón.
Non foi casualidade que a prestixiosa revista AD escollese esta renovación do edificio como unha das máis impresionantes do mundo, xusto cando se cumpren case cen anos da súa inauguración. Unha xoia arquitectónica cos acabados técnicos e ornamentais máis selectos.