Nostalgic Future
Buscamos no baúl dos recordos para que os grandes momentos que vivimos sexan o motor dos espazos novos que habitaremos.
Nostalgic Future
-
Estilo Always Classic
A herdanza sempre estará aí. É precisamente esa calidade de valor seguro o que destaca nos hábitats que seguen o estilo ALWAYS CLASSIC. A elegancia do clásico e as calidades preciosas dos materiais serven como contrapunto das características excesivas da tendencia NOSTALGIC FUTURE, na que todo se fai ao grande. A virtude está no equilibrio. As madeiras sofisticadas e os brillos resaltarán a identidade e a singularidade dos espazos.
-
Estilo New Retro
Aquí falamos de cultivar un concepto que denominamos newstalxia. Este vai máis alá de traer de volta o antigo e pretende actualizar esas reminiscencias mediante a exaltación das súas formas e cores. A identidade do espazo poténciase con elementos vintage que animan a evadirse. Consigue este estilo de marcado carácter maximalista con tons caramelo ou marquetería.
-
As tonalidades claras e neutras deste baño xeran un espazo envolvente e sobrio que nos inspira a coidar o corpo e a mente.
-
#Estilo Always ClassicAquí temos un recuncho segredo, sofisticado e elegante no que dedicarlle tempo á comida máis importante do día.
-
Este cuarto con escritorio-toucador consta de materiais naturais e elegantes que nos transmiten a herdanza do pasado como valor seguro.
-
Ambientes clásicos pero con personalidade propia. Toda unha representación contemporánea de como poñer en valor as irregularidades nas superficies grazas a unha combinación de materiais que comparten as características distintivas da madeira con carácter, que son os nós e as gretas grandes, con detalles sofisticados, como as reparacións con pigmentos metalizados.
-
#Estilo new retroA reminiscencia tropical deste ambiente exótico propio das vacacións proporciónanos un extra de dopamina grazas á aplicación de materiais naturais no seo dunha composición elegante. Para lograr este hábitat maximalista, combinamos cores terra con texturas.
-
Un espazo exclusivo e luxoso no que as formas xeométricas da marquetería realzan a elegancia e a función divisora deste material.
Deseños utilizados
Máis tendencias
Preme estas seleccións para inspirarte con outros estilos actuais de interiorismo: