Un 45 % máis de produtividade grazas a un proxecto circular
Lessman recoñeceu as oficinas de Construcía en 2019 como unha das vinte primeiras empresas do mundo en canto á satisfacción dos traballadores
«OS PRODUTOS DE C2C OU POTENCIAL L2C DE FINSA PERMITÍRONNOS CONSTRUÍR UN AMBIENTE SAUDABLE SEGUINDO O COMPROMISO DA EMPRESA PARA ELIMINAR AS SUBSTANCIAS TÓXICAS».
Antonio Bernal, Director de Innovación e Lean2Cradle® de CONSTRUCÍA.
Que diferenza unha oficina convencional dunha deseñada con criterios de circularidade? A principal diferenza é que unha oficina circular xera un impacto positivo que se pode medir nas persoas, a sociedade, a economía e o medio ambiente, mentres que unha oficina convencional só aspira a reducir o seu impacto negativo. Ao implantar criterios de circularidade, obtéñense espazos máis saudables, o que redunda na mellora da produtividade das persoas. Grupo Construcía, unha das empresas de referencia en circularidade, desenvolveu as ferramentas necesarias para establecer as métricas que reflicten os impactos positivos dos espazos circulares. Unha delas é o L2C True Value, que mostra un aumento da produtividade dun 45 % nas oficinas que se crearon cos criterios da construción circular en comparación cunha oficina convencional.
As súas oficinas de Madrid son un exemplo de boas prácticas. Alí, queríase crear un espazo que sumase, un ambiente óptimo para que o persoal desenvolvese o seu traballo da mellor maneira posible. Para iso, empregaron a metodoloxía Lean2Cradle®, a primeira metodoloxía capaz de deseñar e medir o impacto da mencionada influencia sobre os usuarios. Neste sentido, permítese construír de forma saudable, eficiente e sen residuos, sempre con base nos principios do Cradle to Cradle (C2C) e na metodoloxía construtiva de Lean Construction.
Neste caso, os materiais gozaron dun protagonismo indiscutible. «O uso de produtos de C2C ou potencial L2C de Finsa permitíronnos seguir estas directrices e construír un ambiente saudable mediante a atención ao compromiso de circularidade da empresa, a confirmación dos futuros ciclos dos produtos instalados e a eliminación de substancias tóxicas», contesta Antonio Bernal, director de innovación e L2C do Grupo Construcía.
Fibracolour aplicado a armarios e entaboado.
No proxecto instaláronse 63 500 kg de materiais. O 99 % deles teñen definida unha vía de recirculación. O 95,5 % deles contaban con certificación C2C, estaban en proceso de certificación ou contaban coa validación C2C Certified Basic, que garante a súa salubridade. Todo isto formulouse nun espazo sen restricións no deseño ou na funcionalidade, dentro dos prezos de mercado e os estándares de circularidade máis altos.
Como diciamos, o material marcou a pegada das oficinas. A madeira técnica asegurou a rastrexabilidade do produto desde a súa orixe, pasando pola fabricación e ata a instalación. Ao mesmo tempo, contribuíu a implantar algúns criterios da metodoloxía Lean2Cradle®, como a mellora da calidade do aire e a salubridade, as melloras acústicas, o impacto negativo na pegada de carbono ou a biofilia posto que se trata dun produto natural.
DM chapado en carballo empregado no moble do despacho e DM hidrófugo chapado en carballo aplicado nas xardineiras.
Cales son as claves deste deseño? «Ante todo, a estratexia arquitectónica», define Antonio. «O proxecto implicaba un compromiso honesto co desenvolvemento humano e a estabilidade social mediante a optimización de recursos e materiais, a redución ao máximo do consumo enerxético, o fomento da enerxía renovable, a diminución ao máximo dos residuos e as emisións, a mellora da funcionalidade e a rendibilidade dos edificios, así como a calidade de vida dos seus ocupantes», sintetiza.
A intención non era só crear un espazo de traballo, nin moito menos unha oficina convencional. A finalidade era construír «un ambiente cun espazo positivo desde o punto de vista ambiental, social e económico», explica Antonio. Neste obxectivo, foi vital o asesoramento de Finsa sobre a idoneidade de produtos para cada solución construtiva, desenvolvendo melloras en conxunto nos produtos que se instalaban.
No seu compromiso coa sostibilidade e o benestar humano, Construcía efectuou unha análise previa á creación das súas oficinas con Leesman para identificar as necesidades dos empregados e outra posterior para establecer o grao de satisfacción dos usuarios en relación coas peticións que se formularan. Isto supuxo que acadasen unha puntuación en Leesman Score de 76,3 puntos, o que lles fixo estar entre as primeiras 20 empresas do mundo. Ao mesmo tempo, Leesman emitiu un recoñecemento ex professo dentro do ámbito europeo a través de Performance Excepcional.
DM natural en armarios, DM acabado en melamina branca en biombos cegos e DM natural en paneis furados.
Non cabe dúbida de que os recoñecementos son meritorios. Velaquí unha análise práctica de empresa circular que predica co exemplo desde as súas propias oficinas e unha guía auténtica de como crear un espazo corporativo con impacto positivo para as persoas, a sociedade e o medio ambiente.
Se che gustou este caso de estudo, cóntanos que che pareceu en Facebook, Instagram, LinkedIn ou Twitter.