Volvemos a Interzum 26 anos despois co equilibrio perfecto entre Tech & Design
O posto está conformado por un taller e unha galería de arte onde figuran as nosas 41 novidades decorativas, un taboleiro bio novo e unha selección de produtos e servizos Ademais, Superpan Evo E-Z e o taboleiro Infinite Tricoya Tex presentaranse aos premios Interzum Awards, que valoran os mellores produtos da industria internacional de fornecemento de mobles e interiorismo
Vinte anos non son nada... Pasados 26 anos, volvemos a Interzum, unha feira bianual de referencia na produción de mobiliario e deseño interior. Por fin se celebra en formato presencial tras a parada a partir de 2019. Terá lugar do 9 ao 12 de maio en Colonia. Estaremos nun posto de 327 m2 no que propoñeremos unha viaxe que conecta a materia prima coa inspiración e a innovación nun equilibrio perfecto entre parte técnica e deseño representado polas divisións de Tech & Design. As novidades do produto desempeñarán un papel fundamental.
Con esta proposta de posto queremos poñer en valor o noso papel como fornecedor global de solucións decorativas para o hábitat coa oferta de solucións Tech, Design & Process. Esta arquitectura de negocio permítenos ofrecer unha das gamas máis completas do mercado porque os nosos produtos admiten distintos procesados e complementos que achegan un valor diferencial engadido.
O noso posto en Interzum: do talle á galería de arte
O posto, situado no hall 5.2 F010 G019, está composto por dúas partes diferentes pero conectadas: taller e galería. Trátase de dous espazos visibles desde fóra que simbolizan a viaxe da materia prima ata converterse nun produto aplicado con diferentes acabados decorativos no que se unen a inspiración e a innovación.
Zona de taller: Gamas Tech
O taller inclúe seis estacións de traballo clasificadas por familias de produto. Nas seguintes mesas móstranse tanto as características técnicas e as súas posibilidades como as certificacións coas que conta cada familia:
-Mesa Superpan: taboleiro reciclado e 100 % reciclable con caras de fibra de madeira e interior de partículas aglomeradas, perfecto para mobiliario e interiorismo polas súas calidades técnicas. Está dispoñible nunha gran variedade de grosores e pode recubrirse con multitude de opcións decorativas. En Interzum preséntase Superpan Evo E-Z, unha xeración nova de taboleiros desenvolvido para aplicacións de alta esixencia superficial.
-Mesa Infinite Tricoya: taboleiro de fibras de madeira de gran durabilidade e estabilidade dimensional apto para o uso exterior. A tecnoloxía patentada de madeira acetilada permite crear este material higroscópico que capta e cede humidade ambiental sen apenas movemento dimensional. Infinite Tricoya Tex será outro dos produtos que presentamos aos premios Interzum Awards.
-Taboleiros coloreados: paneis decorativos de fibra de madeira coloreados de maneira uniforme en toda a masa, fabricados con pigmentos de base acuosa e cunha baixa emisión de formaldehido. O seu mecanizado sinxelo fainos idóneos para o interiorismo, mobiliario e solucións técnicas tales como elementos acústicos e molduras.
-Mesa de grosores e densidades: gama de taboleiros que abranguen grosores desde 1,8 mm ata 85 mm e cunha gama ampla de densidades desde os produtos máis lixeiros, que reportan peso mínimo e máxima resistencia, aos compactos, con grandes propiedades físico-mecánicas para aplicacións esixentes.
-Mesa de ignífugos: todas as solucións con certificación de reacción ao lume en calquera tipo de soporte (partículas, Superpan, fibras, compactos ou coloreados) con recubrimento decorativo e pensadas para todos os espazos de concorrencia pública (hospitais, teatros, cines, hoteis, oficinas, escolas, etc.).
-Mesa Process: servizo industrial de transformación adaptado ás necesidades dos proxectos co que se optimizan os procesos de cada cliente, entre os que se inclúen mecanización e solucións especializadas para a cociña (módulos, mesados e frontes).
Zona Galería: 12 obras de arte a partir de 183 decorativos
O seguinte paso nesta viaxe é a galería na que se unen tecnoloxía e deseño para completar unha experiencia sensorial. Esta zona pretende ser, ademais, unha área na que charlar, compartir e gozar das sensacións que este territorio creativo evoca.
Nela expóñense as seguintes 12 pezas escultóricas, algunhas delas colgantes e móbiles, elaboradas con 183 solucións de madeira de grosor, densidades e cores distintas que se mostran no taller:
-Estanque conformado por Infinite Tricoya.
-Photocall de cores e acabados variados das 41 novidades decorativas de Finsa Design.
-Móbil de cor a partir de unicores da Duo e pezas de Fibracolour E-Z.
-Podio de paneis texturados que mostra as posibilidades das nove texturas desta familia, dúas delas novas (Flute e Pirámide).
-Podio e móbil de acabados en madeira e materiais das gamas Duo e Studio.
-Podio de taboleiros chapados coa presenza de Fibraform, Finflex, Fibranatur, Superpan e Studio Natur.
-Crebacabezas de novidades coas cores da gama Duo.
-Crebacabezas de novidades en acanalados, a textura do momento para a que Finsa achega solucións en catro tipoloxías de produto: Studio, Studio Natur, Paneles Texturizados e mecanizados.
-Crebacabezas do acabado Bolero, novidade de acabado a rexistro de Studio.
-Crebacabezas dos acabados Fado e Blues, unha parella de texturas Studio, a rexistro e profunda para crear un efecto total look.
-Crebacabezas de superficies mate e brillo no que os acabados antipegada Ideal Matt, Technical Matt e Top Glass Matt dialogan cas texturas brillo de Ideal Glow e Top Glass Glow.
-Crebacabezas de acabados en madeira, Atlas, Mesura, Boreal, Blues, Rock & Roll que lle dan a benvida á nova textura Etna.
41 novidades en deseños e acabados
Aproveitaremos Interzum para presentar as 41 novidades entre deseños e acabados, ademais dun taboleiro novo. Estas serán as innovacións incorporadas a oito familias de produto:
Nas superficies decorativas da gama Duo súmanse 13 deseños e a textura de madeira Etna. Nos texturados da gama Studio, 13 deseños e as texturas Bolero (acabado a rexistro) e Calypso (acabado profundo). Studio Natur, o taboleiro cuberto con chapa de madeira, contará con tres chapas novas de tipo acanalado. Technical Matt, a gama de acabado mate antipegadas especialmente deseñada para un uso horizontal intensivo, ofrecerá a unicor Sunset Terracota. Topglass, un taboleiro que simula o efecto óptico do vidro, engadirá a cor negra en dous acabados (Glow e Matt). PPor último, as gamas texturadas actualizaranse da seguinte forma: cinco novidades en Infinite Tricoya Tex, dúas en Fibracolour Tex e dúas en Fibrapan Tex.
Novo taboleiro: Fibrapan Bio
En canto ás incorporacións á nosa oferta de taboleiros, lanzamos Fibrapan Bio. É un taboleiro de fibras de madeira de proximidade de montes certificados PEFC e FSC. Está fabricado con adhesivos de orixe 100 % biolóxica obtidos a partir da codia das árbores e cunha parafina de orixe vexetal. Este procedemento permite obter un taboleiro de madeira feito con máis dun 99 % de elementos naturais. Ten unha grande estabilidade dimensional, é apto para aplicacións en ambientes húmidos e fabrícase con resinas libres de formaldehido (NAF).
O noso posto en Interzum: do talle á galería de arte
O posto, situado no hall 5.2 F010 G019, está composto por dúas partes diferentes pero conectadas: taller e galería. Trátase de dous espazos visibles desde fóra que simbolizan a viaxe da materia prima ata converterse nun produto aplicado con diferentes acabados decorativos no que se unen a inspiración e a innovación.
Zona de taller: Gamas Tech
O taller inclúe seis estacións de traballo clasificadas por familias de produto. Nas seguintes mesas móstranse tanto as características técnicas e as súas posibilidades como as certificacións coas que conta cada familia:
-Mesa Superpan: taboleiro reciclado e 100 % reciclable con caras de fibra de madeira e interior de partículas aglomeradas, perfecto para mobiliario e interiorismo polas súas calidades técnicas. Está dispoñible nunha gran variedade de grosores e pode recubrirse con multitude de opcións decorativas. En Interzum preséntase Superpan Evo E-Z, unha xeración nova de taboleiros desenvolvido para aplicacións de alta esixencia superficial.
-Mesa Infinite Tricoya: taboleiro de fibras de madeira de gran durabilidade e estabilidade dimensional apto para o uso exterior. A tecnoloxía patentada de madeira acetilada permite crear este material higroscópico que capta e cede humidade ambiental sen apenas movemento dimensional. Infinite Tricoya Tex será outro dos produtos que presentamos aos premios Interzum Awards.
-Taboleiros coloreados: paneis decorativos de fibra de madeira coloreados de maneira uniforme en toda a masa, fabricados con pigmentos de base acuosa e cunha baixa emisión de formaldehido. O seu mecanizado sinxelo fainos idóneos para o interiorismo, mobiliario e solucións técnicas tales como elementos acústicos e molduras.
-Mesa de grosores e densidades: gama de taboleiros que abranguen grosores desde 1,8 mm ata 85 mm e cunha gama ampla de densidades desde os produtos máis lixeiros, que reportan peso mínimo e máxima resistencia, aos compactos, con grandes propiedades físico-mecánicas para aplicacións esixentes.
-Mesa de Ignífugos: todas as solucións con certificación de reacción ao lume en calquera tipo de soporte (partículas, Superpan, fibras, compactos ou coloreados) con recubrimento decorativo e pensadas para todos os espazos de concorrencia pública (hospitais, teatros, cines, hoteis, oficinas, escolas, etc.).
-Mesa Process: servizo industrial de transformación adaptado ás necesidades dos proxectos co que se optimizan os procesos de cada cliente, entre os que se inclúen mecanización e solucións especializadas para a cociña (módulos, mesados e frontes).
Zona Galería: 12 obras de arte a partir de 183 decorativos
O seguinte paso nesta viaxe é a galería na que se unen tecnoloxía e deseño para completar unha experiencia sensorial. Esta zona pretende ser, ademais, unha área na que charlar, compartir e gozar das sensacións que este territorio creativo evoca..