Unha residencia de maiores á que chamar fogar
Kaudex empregou madeira técnica a fin de outorgarlle o carácter cálido necesario a un centro para persoas da terceira idade.
«A madeira técnica axúdanos a conseguir dimensións e características que con outros materiais nos resultaría imposible»
María José Francés, departamento de vendas de Kaudex.
Unha residencia de maiores debe ser, ante todo, un fogar. E que lle confire a un espazo as calidades de fogar? «Luminosidade e calidez ante todo», concreta María José Francés, parte do departamento de vendas de Kaudex, proxectista encargada do proxecto do centro xeriátrico de Malgrat, en Barcelona.
Para este cometido, a madeira técnica resultou fundamental, segundo explican desde Kaudex. «Este material axúdanos a conseguir dimensións e características que con outros produtos nos resultaría imposible». Fibraplast Olmo Bovary Atlas e Blanco Soft III foron as escollas para aplicar en armarios, mesa de noite, cabeceiros e estantes dos cuartos deste centro para maiores.
Francés detalla que en Kaudex «ningún proxecto se repite, todos teñen a súa propia marca». Neste caso, detalla que o reto deste tipo de centros consiste en «adecuarse á gran variedade de medidas, xa que cada estancia é distinta e ten unhas características particulares ás que a madeira técnica se adapta á perfección».
A compañía conta con taboleiros de Finsa en case a totalidade das súas obras «porque damos fe de que é unha empresa responsable coas datas de entrega que, ademais, dispón dunha gran variedade de acabados e cores», comenta. «Isto permítenos deseñar sen límites e ofrecerlles aos nosos clientes un abano amplo de opcións para escoller», conclúe.