Un convento antigo como marco perfecto para retirarte nas túas vacacións en calquera das súas estancias.

O hotel Catalonia Donosti acometeu unha reforma incrible que mereceu o recoñecemento de ser un dos dez mellores proxectos de sostibilidade e rehabilitación hoteleira que concede Re Think Hotel.

Fuente: Finsa - Autor: Finsa

«Este proxecto é un referente a nivel nacional, polo que necesitabamos uns materiais excelentes e moi duradeiros, algo que Finsa sempre resolve de maneira satisfactoria con todos os seus produtos».

Equipo MARTÍNEZ OTERO.

Transformar un antigo convento de Donostia dos séculos XVII e XVIII supón todo un desafío de por si. Se lle engadimos unha localización de escándalo como é o cerro de San Bartolomeu, un dos miradoiros máis impresionantes de San Sebastián, temos ingredientes estupendos para que un proxectista con pericia consiga deseñar un establecemento de catro estrelas merecedor dun recoñecemento como mellor proxecto de sostibilidade e rehabilitación hoteleira. Un premio que se outorgou na V edición do certame Re Think Hotel en 2019.

O hotel, que se ve desde calquera punto da cidade, conserva as fachadas orixinais da parte norte do convento, así como o tellado da capela de San Bartolomeu. Esta preservación do patrimonio, xunto con outros elementos sostibles, provocaron que gañara a dita mención no certame.

O conxunto hoteleiro dispón de servizos de mobilidade ecolóxica a través de aparcadoiro para bicicletas, un sistema específico para o control eficiente da climatización e placas fotovoltaicas para xerar enerxía eléctrica.

Ademais destes elementos sostibles, o espazo interior destila elegancia e deseño. O panelamento dos cuartos fíxose con con SuperPan Decor Copper Patina Rock & Roll. «Este proxecto é un referente a nivel nacional, polo que necesitabamos uns materiais excelentes e moi duradeiros, algo que FINSA sempre resolve de maneira satisfactoria con todos os seus produtos», explican no equipo de MARTÍNEZ OTERO.

O proxectista valora «a calidade, o prazo de subministro e unha gama de produtos moi variada» que lle ofrece Finsa como fornecedor para este tipo de obras nas que convén coidar ata o máis mínimo detalle a fin de uniformar a imaxe do cliente en todos os seus edificios.

As solucións de madeira técnica compleméntanse con outros materiais nobres, como a seda, o liño, o veludo ou os brocados. O estilo señorial e o deseño de interiores inglés respíranse en cada un dos cuartos, onde tamén hai referencias estéticas á cidade de San Sebastián.

Se che gustou este caso de estudo, cóntanos que che pareceu en Facebook, Instagram, LinkedIn ou Twitter.