Substitución de secadores de aire comprimido

Co obxectivo de aumentar o aforro e a eficiencia enerxética da empresa, proponse a substitución de tres secadores da marca HIROSS, modelos PGE900, PGE900 e PGN900 cunha potencia máxima absorbida de 13,1 kW, 16,7 kW e 13,1 kW respectivamente, por dous novos secadores refrixerados da marca PNEUMATECH, modelo AC 4200 VSD.

O proxecto permitirá unha mellora no aforro enerxético nos secadeiros, xa que por unha banda reducirase o número de unidades (de 3 a 2 secadeiros) e por outra banda as novas unidades empregan tecnoloxía de accionamento de velocidade variable (VSD) que permite axustar o seu funcionamento en función da demanda real e, polo tanto, obtense un aforro significativo no consumo de enerxía.

Resultados en termos de aforro e eficiencia enerxética:

Aforro enerxético: 282.400 kWh/ano (enerxía final), 668.723 kWh/ano (enerxía primaria)
Redución de emisións de CO2 equivalente a 93,47 t/ano

O investimento realízase no centro Finsa situado en Rábade, no marco da liña de axudas do INEGA para o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas gallegas para o ano 2025, cofinanciada polo Programa Operativo FEDER-Galicia 2021-2027 da Unión Europea.

Investimento: 86.920,00 €
Financiamento: 23.590,00 €
Número de arquivo: IN417Y-25A137