Presentamos unha colección de mobiliario modular para equipamento exterior: Orixe

A través da nosa marca Savia e co desenvolvemento conxunto do estudo Stone Designs, lanzamos esta nova gama en eventos nacionais e internacionais

13-04-2023 Fuente: Finsa - Autor: Finsa

O toco é o vestixio e, ao mesmo tempo, a orixe de todo produto de madeira. Inspirámonos nel para crear Orixe, unha nova colección de mobles modulares para equipamento exterior. 

Este ano, presentarémolo en varios eventos mediante unha charla con Stone Designs e Carrefour Property, que xa está a probar o primeiro prototipo nun dos seus centros comerciais máis concorridos de España. Toma nota e segue as nosas redes sociais para coñecer todas as oportunidades de experimentar Orixe de primeira ma:

  • 28-30 de marzo: Rebuild.
  • 13 de abril: Espacio Aretha (Paseo de Eduardo Dato, 2, Madrid).
  • 18-23 de abril: Salone del Mobile de Milán.

Qué é Orixe?

É a gama que creamos coa nosa marca de madeira maciza Savia e o desenvolvemento conxunto do estudo Stone Designs. Naceu para abordar os novos retos de crear espazos de exterior en cualquera tipo de edificio: hoteis, zonas residenciais, oficinas ou centros comerciais.

Orixe consiste nun programa modular de compoñentes que, mediante múltiples combinacións, poden adaptarse de forma sinxela e orgánica a calquera proxecto. Esta personalización conséguese tamén grazas á opción de lacar los elementos de aceiro en calquera cor RAL -máis alá do beis e o verde estándar-,  así como á posibilidade de fabricar os listóns en madeira de elondo -unha madeira dura e certificada, ideal polas súas características de resistencia e durabilidade para o seu uso no exterior- ou en piñeiro termotratado.
 

Un sistema de moble exterior reutilizable e fácil de montar

O sistema de montaxe plug&go -sinxelo, rápido e práctico - permite montar e desmontar os elementos da gama Orixe tantas veces como se queira, darlle un aspecto diferente a un mesmo espazo (conseguindo un efecto visual diferente sen ningún gasto adicional) ou reutilizar o mesmo material en diferentes activos inmobiliarios, apostando pola circularidade na construción.

Mobiliario exterior sostible e atemporal no seu deseño

Orixe tamén se caracteriza polo uso de materiais sostibles de gran durabilidade, como a madeira e o formigón reciclado. Ademais, o proceso de fabricación caracterízase pola proximidade entre os diferentes elementos da cadea, cun claro compromiso coa economía local. 

A gama de mobles creada por Stone Designs presenta un deseño distintivo e atemporal, moi funcional, con carácter europeo pero con vocación global. Ademais do toco -o elemento arredor do cal se crean as diferentes combinacións-, a gama Orixe inclúe varios tipos de mesas, bancos cos seus respectivos accesorios, parasois, separadores, macetas e papeleiras.