Participamos en Rebuild como Global partner e presentamos todas as nosas gamas nunha nova imaxe de marca
Volvemos participar no evento de referencia da construción en España a través dunha caseta propia, un produto codesenvolvido e a nosa nova imaxe de marca.
Xa haberás visto que en Finsa temos nova imaxe de marca, nova web… e é que queremos conectar con traballadores, clientes, provedores e toda a cadea de valor da madeira dunha maneira máis próxima a través dunha proposta de valor baseada en madeira técnica (TECH), superficies decorativas (DESIGN), e solucións de mobles e compoñentes (PROCESS).
Esta imaxe será coa que participemos por quinto ano consecutivo en Rebuild (26, 27 e 28 de abril), o evento nacional de innovación no sector da construción. Facémolo como Global partner mediante unha caseta propia, unha caseta dun produto (codesenvolvido con Simon Electric) e mesas redondas dentro do Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada e Construción 4.0.
A nosa caseta e novidades en Rebuild 2022
A nosa caseta arquitectónica foi deseñada por Stone Designs seguindo o ADN de industrialización, dixitalización e sustentabilidade. Mostrámoscho en primicia nesta imaxe.
Nesta caseta temos solucións industrializadas e de baixo impacto ambiental en estrutura de CLT da marca XILONOR, fachadas THERMOPINE SAVIA e celosías de control solar de piñeiro termotratado GRADPANEL THERMOPINE, desenvoltas pola marca de Finsa Savia e a empresa GRADHERMETIC. Esta última trátase dunha solución premiada nos Advanced Architecture Awards 2020, da que se estrea certificación a lume para edificios de máis de 18 metros de altura.
Hospital de Bari (Italia) celosías control solar GradPanel ThermoPine de Savia Gradhermetic. Proxecto de PINEARQ Arquitectura.
Como novidade, expoñemos ORIXE de Savia,, un mobiliario industrializado modular exterior. Trátase dun produto codesenvolvido con Stone Designs.
Mobiliario de exterior ORIXE
No interior da caseta plásmase a nosa proposta Tech, Design & Process a través de solucións de panelado, materiais para cociña total look e unha materioteca con novidades DUO e Studio Collection.
Detalle de cociña, materioteca e Gama Studio Collection no acceso da caseta de Finsa.
Dentro da caseta tamén ofreceremos a visitantes, prescritores e promotores unha experiencia dixital inmersiva mediante as solucións en BIM para integrar en fase de proxecto, así como as nosas ferramentas para cálculo e dimensionado de estruturas en CLT.
Finsa & Simon CoLab
En Rebuild as empresas Finsa e Simon compartimos visión e coñecemento nunha incubadora de novas ideas baixo o nome de Finsa & Simon CoLab, froito da cal creamos un produto pioneiro que se presenta nunha caseta específica dentro da feira.
Trátase dun innovador mural arquitectónico conectivo que incorpora toda a tecnoloxía de Simon nos nosos paneis de madeira técnica. Estes paneis personalizables, de fácil colocación, totalmente integrados e cun deseño moi coidado, foron pensados para resolver as diferentes necesidades arquitectónicas e de iluminación de calquera proxecto.
As nosas charlas dentro do Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada e Construción 4.0
Ademais das participacións a través de dúas casetas, tamén estamos no congreso técnico de Rebuild. Toma nota das seguintes mesas redondas:
CO-DEVELOPED CONSTRUCTION PROYECTO PETIT VILLAGE MADRID 28/04 10:00
-Andres Horcajada (CEO TECTUM GM).
-Jose Aguilar Arquitecto (director Agvar BIM TEAM).
-María José PiccioMarchetti Prado, Directora Xeral de Vivenda e Rehabilitación (Comunidade de Madrid).
-Silvia Villacañas, directora xeral de planificación estratéxica (Concello de Madrid).
-Jacinto Seguí, director de Consultoría Técnica e Prescrición (FINSA).
-Modera: Ignacio Luengo, director de desenvolvemento de negocio ISG Iberia
ORIXE, COMO DESEÑAR, FABRICAR E COMERCIALIZAR UN PRODUTO INDUSTRIALIZADO DE FORMA COLABORATIVA 26/04 16:45
-Maria Pomar, consultora Técnica FINSA Project manager ORIXE.
-Eva Prego, cofundadora Stone Designs e Deseñadores de ORIXE.
-Maica Fernández, directora de concepto e construción (Carrefour Property).
-Modera: Jacinto Seguí, director de Consultoría Técnica (FINSA).
FINSA&SIMON CoLab, PRODUTOS CO-CREADOS E CO-DESENVOLVIDOS 27/04 15:15
-Jacinto Seguí, director de Consultoría Técnica e Prescrición (FINSA).
-Alfred Batet, director de Innovación (SIMON).
-Modera: Roberto Molinos (CEO MODELICAL).
EDIFICIOS SEN IMPACTO 28/04 13:00
-Xavi Aguiló, UK Manager Partner (BAC Engineering Consultancy).
-Manuel Lobo, responsable de Construción Industrializada en Madeira de Consultoría Técnica (FINSA).
-Ana Quintas, Lead, Built Environment en EMEA&LATAM (Cradle to Cradle Innovation Institute).
-Modera: Antoni Ruiz Amorós, divulgador profesional, conferenciante e consultor Free Lance.
Queres participar en REBUILD 2022? Ofrecémosche este Business Pass Gratuíto co seguinte código: