Participamos no 2.º Foro Internacional de Construción con Madeira como patrocinador principal e presentamos todas as nosas solucións

Levamos Finsa Tech, Savia e Xilonor a esta cita imprescindible para todas as partes implicadas nas fases do proceso de construción con madeira, tanto en España como a nivel internacional

09-06-2022 Fuente: Finsa - Autor: Finsa

Os días 9 e 10 de xuño celébrase no Pazo de Congresos Baluarte, en Pamplona, a segunda edición do Foro Internacional de Construción con Madeira que organiza a plataforma Forum Holzbau. Trátase do principal congreso técnico sobre construción con madeira, polo que é unha parada obrigatoria para os arquitectos, enxeñeiros, industriais e construtores que traballan ou queren traballar con madeira. En definitiva, é unha cita imprescindible para quen queira informarse sobre a evolución do sector da construción en madeira no noso país e en todo o mundo.

Presenza destacada


Por iso apostamos por acudir cunha presenza destacada, como patrocinador principal, e por crear un espazo amplo no que expor, coa nosa nova imaxe de marca, a gama de taboleiros estruturais de Finsa Tech e as solucións de construción en madeira de Savia e Xilonor.
Nel, os profesionais do noso departamento de Consultoría Técnica informan os congresistas sobre as propiedades e usos de cada un dos nosos produtos.
No caso de Finsa Tech, ademais dos xa coñecidos Superpan Tech P5 e Superpan Vapourstop, presentamos Fibrapan Tech RWH E-Z, un taboleiro que marca a diferencia pola súa permeabilidade alta ao vapor de agua que, usado nas estruturas de madeira, favorece que non aparezan mostras de condensación no seu interior. 
De Savia mostramos a nosa gama Thermopine para uso en fachadas ventiladas de madeira e pavimentos de exterior. Ademais, mostramos os sistemas Gradpanel e Thermopine de control solar. 
Aproveitamos a ocasión para dar a coñecer Xilonor, unha marca especializada na fabricación de paneis de madeira contralaminada para a construción de estruturas de madeira industrializadas con madeira de orixe nacional.