Novas carretillas elevadoras en Santiago

Co obxectivo de aumentar o aforro e a eficiencia enerxética da empresa, proponse a substitución de 3 carretillas elevadoras da marca LINDE, en concreto unha carretilla elevadora de combustible GLP LINDE 64 H80T/900, unha carretilla elevadora de combustible diésel LINDE 40 H70 e unha carretilla elevadora de combustible diésel LINDE 27 H70. En lugar diso, adquiriríanse tres novas unidades eléctricas do modelo E80 da marca LINDE.

Isto facilita a transición enerxética da fábrica cara ás enerxías renovables, xa que as carretillas elevadoras eléctricas requiren menos enerxía para funcionar, o que reduce o consumo enerxético global. e reducindo a dependencia das fontes non renovables.

Resultados en termos de aforro e eficiencia enerxética:

-Aforro enerxético: 656.216 kWh/ano (enerxía final), 378.160 kWh/ano (enerxía primaria)
-Redución de emisións de CO2 equivalentes a 174,74 t de CO2/ano

O investimento realízase no centro Finsa situado en Santiago de Compostela, no marco da liña de axudas do INEGA para o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas gallegas para o ano 2025, cofinanciada polo Programa Operativo FEDER-Galicia 2021-2027 da Unión Europea.

Investimento: 559.327,38 €
Financiamento: 145.469,58 €
Número de arquivo: IN417Y-25A151