Naturalidade en acabados para deixarlles o protagonismo ás vistas
Sinaldaba Arquitectura apostou por materiais naturais que exerceran de marco para as vistas deste hotel impresionante á beira do océano Atlántico.
«A madeira técnica humaniza e outórgalle un carácter cálido e natural ao espazo no que se usa».
Ignacio Reigada, arquitecto.
«Cando un proxecto ten unhas vistas tan destacadas, o que está claro é que o hotel debe funcionar como un marco atemporal e discreto». Así define Ignacio Reigada, arquitecto de Sinaldaba, a esencia de Noa Boutique Hotel, un espazo situado á beira do océano Atlántico.
A clave desta remodelación residía en atopar un equilibrio entre o exterior e o interior da estrutura. «As vistas son as protagonistas indiscutibles, polo que era preciso empregar materiais o máis naturais e duradeiros posible».
Neste caso, aplicouse Fimanatur Roble de media figura nos revestimentos, cabeceiros e mobiliario dos cuartos. «Escollemos madeira técnica porque humaniza e outórgalle un carácter cálido e natural ao espazo no que se usa», detalla Reigada.
Neste hotel apostouse polo minimalismo, pero no estudo concretan que isto non implica que o ambiente resultante sexa aséptico. «Esta elección de materiais naturais non deixa a ninguén indiferente e transmítelles tranquilidade ás persoas que visitan o espazo».
Nos cuartos, apréciase unha aplicación moi meditada de produtos porque, tal e como conclúen en Sinaladaba, «cando a solución é a idónea, os propios despezamentos, as orientacións e a incidencia da luz, entre outros, permítenche xogar con poucos elementos».