Mellora da eficiencia enerxética do proceso de secado

O proxecto quere reducir o consumo enerxético anual do proceso de secado das fibras de madeira mediante varias accións nas cámaras de mestura e nos ventiladores. Por unha banda, modificouse o deseño aerodinámico da cámara de mestura para reducir a perda de presión durante o proceso de secado. Por outra banda, substituíse un dos motores do ventilador e o sistema de regulación por obstrución na aspiración por outro motor de 450 kW de maior rendemento e instalouse un novo variador de velocidade.

Resultados en termos de aforro e eficiencia enerxética:
• Aforro enerxético (electricidade) de 2 190 347 kWh/ano e 188,3698 tep/ano
• Redución de emisións de CO2 equivalentes a 188 t CO2/ano

O investimento realízase na fábrica de Finsa en Padrón, no marco da liña de axudas de aforro e eficiencia enerxética para pequenas, medianas e grandes empresas do sector industrial, que conta co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a coordinación do IDAE e a xestión de INEGA (Instituto Nacional de Enerxía e Xestión Enerxética) con financiamento do Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética.

Investimento: 506 223,24 €
Financiamento: 151 866,97 €
N.º expediente: IN421V-88