A oficina sen límites creativos

Le Blume ideou este espazo de traballo de 2000 metros cadrados para usos laborais e de diversión en equipo

Fuente: Finsa - Autor: Finsa

«A AMPLA VARIEDADE DE CORES E ACABADOS E A POSIBILIDADE DE COMPRAR SEN PEDIDO MÍNIMO PERMÍTENNOS RESOLVER PROXECTOS PEQUENOS SEN LIMITAR A CREATIVIDADE» 
Damián López, deseñador industrial en Le Blume.

Pensa na oficina ideal. Imaxinas como sería? Un espazo no que poder concentrarse, traballar en equipo e mesmo compartir momentos de diversión con colegas para incentivar a creatividade. Le Blume deulle forma a este proxecto soñado para unha empresa tecnolóxica radicada en Marbella. «Este deseño encaixaba á perfección coa nosa pegada, porque o noso obxectivo sempre é crear experiencias centradas nas persoas», detalla Damián López, deseñador industrial en Le Blume.

 

A madeira técnica desempeñou un papel relevante na obra «pola liberdade e versatilidade que nos ofrece o material», explica López. O núcleo principal da oficina revestiuse con SuperPan Decor Lissa Oak Atlas. Ademais, colocouse un teito de lamas de madeira nas salas de reunións para proporcionar apoio acústico.
Cales foron os retos do proxecto? En Le Blume explican que residiron nos encontros coa carpintería de vidro, o revestimento das esquinas curvas do núcleo e a resolución das zonas húmidas.

No estudo destacan a ampla variedade de cores e acabados de Finsa, así como a posibilidade de comprar sen pedido mínimo, «factores que, sen dúbida, nos permiten resolver proxectos sen limitar a creatividade», comenta López.

 

Outra cuestión relevante na consecución desta oficina atópase no asesoramento permanente que ofrece Finsa. «Estas facilidades son clave á hora de decantarte por un compañeiro de viaxe», sintetiza López. 
O resultado foi tan satisfactorio que o mesmo estudo se encargou dunha ampliación recente do espazo.

Se che gustou este caso de estudo, cóntanos que che pareceu en Facebook, Instagram, LinkedIn ou Twitter.