Instalación dun parque fotovoltaico na modalidade de autoconsumo para as fábricas de Finsa
en Cella (Teruel): Cella I, onde se leva a cabo a instalación física da planta, e Cella II, onde
se recibe a enerxía. O proxecto inclúe a interconexión eléctrica entre
centros, necesaria para poder facer o autoconsumo nun único punto, cunha potencia
nominal de 2 MW e 2,31 MW de potencia pico instalada.
A execución do proxecto supón a instalación de 4620 módulos monocristalinos de alta
eficiencia, tecnoloxía DUAL-PERC de potencia unitaria 500 Wp e tolerancia entre
0 e +3 %.
O resultado obtido, en termos de produción de electricidade prevista durante os 25 anos de vida
útil da instalación, será de 102 054 977,04 Kwh. En canto aos valores previstos para
os indicadores incluídos no eixo da economía baixa en carbono do Programa operativo
FEDER de crecemento sostible 2014-2020 (POCS) son: 381 tep, 22 184 tn CO2.
Proxecto incluído na liña de axudas a proxectos de economía baixa en carbono, en
instalacións de xeración de electricidade renovable, cofinanciada polo Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e xestionada polo IDAE, co obxectivo de
conseguir unha economía máis limpa e sostible. «Unha maneira de construír Europa».
Investimento: 1 934 000 €
Financiamento: 190 000 €
N.º expediente: FD-ELE-ARGC1-2020-000080