Instalación fotovoltaica de autoconsumo para atender a demanda enerxética da
nave situada na fábrica de Finsa en Rábade. A súa finalidade é proporcionar unha
maior independencia enerxética, reducir os custos enerxéticos ao
deixar de consumir parte da enerxía da rede eléctrica e reducir as peridas causadas polo
transporte da enerxía ao descentralizar a xeración de electricidade. O obxectivo final tamén é
conseguir unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
O sistema solar fotovoltaico constará de 3600 paneis de silicio monocristalino de
55 Wp cada un, obtendo unha potencia pico de instalación de 1998 kWp. Os
paneis colocaranse en varias cubertas, distribuídos en filas e columnas formando mesas
con distinto número de paneis en cada das cubertas.
O funcionamento da planta permitirá unha redución de 727,04 t CO2/ano.
O investimento lévase a cabo en Fibranor, fábrica de Finsa en Rábade (Lugo), no programa
de incentivos 2 vinculado ao autoconsumo e ao almacenamento no sector
servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de Recuperación,
Transformación e Resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea –NextGenerationEU.
Investimento: 1 291 786 €
Financiamento: 183 816 €
N.º expediente: IN421W-10
Para descargar o plan estratéxico, fai clic en «Ver documentación».