Instalación fotovoltaica de autoconsumo

Instalación fotovoltaica de autoconsumo para atender a demanda enerxética da nave situada na fábrica de Finsa en Ourense. A súa finalidade é proporcionar unha maior independencia enerxética, reducir os custos enerxéticos ao deixar de consumir parte da enerxía da rede eléctrica e reducir as perdas causadas polo transporte da enerxía ao descentralizar a xeración de electricidade. O obxectivo final tamén é conseguir unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

O sistema solar fotovoltaico constará de 2634 paneis de silicio monocristalino de 55 Wp cada un, obtendo unha potencia pico de instalación de 1448,7 kWp. Os paneis colocaranse en varias cubertas, distribuídos en filas e columnas formando mesas. A instalación está suxeita á modalidade de autoconsumo sen excedentes aprobada no Real Decreto 244/2019 que regula as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica.

O funcionamento da planta permitirá unha redución de 776 t CO2/ano.

O investimento lévase a cabo en Orember (San Cibrao das Viñas, Ourense), no programa de incentivos 2 vinculado ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Investimento: 986 000 €
Financiamento: 133 259,70 €
N.º expediente: IN421W-5

Para descargar o plan estratéxico, fai clic en «Ver documentación».