Empezando a casa polo chan
Esta residencia de maiores precisaba un material resistente que aguante o paso de andadores e cadeiras de rodas e que, ao mesmo tempo, transmita o carácter cálido dun fogar.
«Por que os chans de Finsa? Polo grande abano de acabados en diferentes categorías de resistencia e dureza, así como pola súa adaptación a un sistema de climatización mediante chan radiante e refrixerante».
Alfredo Díaz Soto, arquitecto.
En ocasións, hai que romper esquemas e empezar a casa polo chan. Cada proxecto ten os seus obxectivos. Neste caso, o uso intensivo de andadores e cadeiras de rodas nunha residencia de maiores limitaba a selección de chans. Era preciso combinar a resistencia e, por suposto, o carácter cálido dun fogar.
Finfloor Original Garapa foi a opción escollida. Por que? Segundo relata o arquitecto Alfredo Díaz Soto, de Acid Consultoría Técnica, «polo grande abano de acabados en diferentes categorías de resistencia e dureza, así como pola súa adaptación a un sistema de climatización mediante chan radiante e refrixerante».
Que lle brinda este chan ao proxecto e por que é tan relevante? Desde o punto de vista estético e visual, «este chan outórgalle un carácter cálido e cómodo á estancia na que se emprega xa que crea espazos acolledores nos que as persoas poden instalarse durante períodos de tempo longos», concreta Díaz Soto.
No relativo aos aspectos técnicos, en palabras do arquitecto, esta solución «adáptase ás necesidades que poida ter un edificio de uso sociosanitario grazas á súa colocación rápida e sinxela, á resistencia do material ao desgaste, á limpeza e desinfección simplificadas e ao mantemento bo a longo prazo».
Ao mesmo tempo, malia tratarse dun material illante, este produto ofrece unha técnica de posta en obra para a súa adaptación a un sistema de climatización mediante chan radiante frío-calor. Díaz Soto valora o resultado despois da súa instalación e posta en servizo no centro como «efectivo e relevante pola súa eficiencia enerxética».
No equipo valoraron o apoio de Finsa como clave «en todas as fases do proxecto e da obra: na achega de catálogos e fichas técnicas, na orientación para a escolla de material e, posteriormente, no subministro dunha gran cantidade de produto para a súa posta en obra», conclúe Díaz Soto.