O Novotel con maior capacidade do mundo está en Madrid e ten materiais Finsa

O grupo IHP foi o encargado de desenvolver e executar o proxecto integral de Novotel Madrid Center, o Novotel máis grande do mundo, que incorpora elementos executados cos nosos materiais.

26-02-2019 Fuente: Finsa - Autor: Finsa

Proxectista: IHP, International Hospitality Projects

Produto: Fimaplast Visón Chic e Roble Sinatra Profundo, Fénix e Fibraplast.

Aplicación: revestimento de paredes e columnas, portas e mobiliario de cuartos.

Localización: Madrid.

Ano: 2015.

O Hotel Convención era un clásico no centro de Madrid que necesitaba renovarse para achegarse ao século XXI. O grupo IHP, estudio multidisciplinar especializado en proxectos hostaleiros, ideou para el un proxecto de reforma integral para a súa transformación no que primou a funcionalidade. No camiño, o hotel integrouse na cadea Accor baixo a marca Novotel. Coas súas 790 cuartos e máis de 7000 m2 de áreas comúns, 3000 dedicados a eventos, Novotel Madrid Center converteuse no hotel de maior capacidade da cadea e un referente de deseño contemporáneo en hostalería.

O punto de partida era «innovar o estilo actual do hotel dos anos 70», segundo Carla Gomes, deseñadora de interiores de IHP, e levalo cara a «un estilo contemporáneo e elegante, planificado ao milímetro, pensado en buscar espazos amplos cun aspecto ordenado e cunha óptima distribución dos espazos interiores».

Para iso foi fundamental a procura e elección dos materiais, «que determinarán en gran medida o resto de decisións» presentando ao cliente un proxecto acorde ás súas necesidades, preferencias e custo. IHP aposta sempre por incorporar nos seus proxectos hostaleiros as últimas innovacións en materiais e solucións técnicas e tecnolóxicas orientadas a mellorar a experiencia dos usuarios. Nesta liña, Novotel Madrid Center emprega no seu deseño taboleiros de fibras Fimaplast e Fibraplast ou a superficie Fénix, material nanotecnolóxico para o deseño de interiores que combina elegantes solucións estéticas e prestacións tecnolóxicas de vangarda. Todos eles materiais que achegan ao resultado final «calidade, deseño e funcionalidade», segundo Carla Gomes, deseñadora de interiores en IHP.

Os cuartos apostan pola elegancia da simplicidade e unha estética atemporal, ás que se suma a calidez que achega o Roble Sinatra no mobiliario (cabeceiros, panelado, armarios, mesas e portas). Ademais, o panelado das columnas do hall de entrada foi realizado con Fimaplast en acabado Visón Chic da nosa Gama Dúo, mentres que o panelado dos corredores emprega a superficie Fénix. Cromaticamente todo o hotel xoga con tons terrosos, como o marrón do Roble e o gris do Visón, combinado co branco, que actúa como unificador, e a elegancia do negro Fenix.

Outros materiais empregados foron un papel de vinilo nas paredes, téxtiles contract ou a instalación de iluminación de tecnoloxía Led, sempre buscando a funcionalidade e facilidade de mantemento.

Desde a súa apertura o hotel non deixou de recibir eloxios a este traballo conxunto das áreas de arquitectura, enxeñería e interiorismo que converteu o Novotel Madrid Center nun edificio máis luminoso, máis sostible e eficiente. Porque á marxe da mellora estética que supuxo o redeseño dos espazos e o seu mobiliario, tamén supuxo un incremento do confort.