Deseño do Instituto Craniomandibular con Roble Alba

Kommo Design Studio foi a empresa encargada de deseñar as novas instalacións do Instituto Craniomandibular, un centro especializado no tratamento de patoloxías da ATM (articulación temporomandibular) e dor orofacial, situado no barrio de Sarrià-Sant Gervasi de Barcelona.

Ao deseñar esta clínica, Kommo Design -un estudo dirixido por Alejandro Soldevila- tivo como obxectivo crear un espazo acolledor para os pacientes. O obxectivo era ter un ambiente tranquilo e relaxado, que lles resultase máis agradable realizar os seus tratamentos, pero sen perder de vista que estamos nun centro médico.

Para facer isto, Kommo Design Studio optou pola madeira de carballo natural combinada con paredes e mobles brancos e un chan gris claro para todas as salas da clínica. A escolla destes materiais, xunto coa creación dunha gran ventá acristalada que proporciona luz ao corredor central, permitiu acadar o obxectivo de crear espazos luminosos e acolledores, facendo que a estancia dos pacientes sexa máis agradable.

En concreto, a madeira escollida é a Roble Alba da gama Studio Natur de Finsa. É un taboleiro de chapa de carballo europeo de tons claros que alterna entre estruturas de malla e algunhas medias figuras. Esta composición dálle movemento ao conxunto e permite unha gran homoxeneidade entre os taboleiros. Esta taboleiro de carballo é ideal para conseguir un estilo nórdico mediante un acabado natural e limpo.

No Instituto Craniomandibular, podemos atopar o Roble Alba por toda a clínica, tanto nos paneis e portas da recepción, como na sala de espera, os corredores e os espazos de traballo. Tamén atopamos algúns mobles deseñados con esta chapa de madeira natural de Finsa.

Esta superficie é tan versátil e tivo tan boa acollida que foi unha das seleccionadas para a innovadora gama Sense Natur, que ofrece taboleiros revestidos con chapa de madeira natural barnizada, deseñados para ofrecer unha solución práctica, estética e de alta calidade. En concreto, pódese atopar en acabados Cotton, Cream ou Natural.

Categoría: Retail
Aplicación: Panelado, portas e mobles personalizados
Material: FibraPan® Natur Roble Alba
Fotógrafo: Davide Pellegrini
Construtora: NAMA
Carpintería: Fusteria Bau
Enxeñaría: AB2 Serveis d’Enginyeria


lugar
  • Barcelona
ano
  • 2018
proxectistas
  • Kommo Design Studio

MÁIS OBRAS

Deseño, tecnoloxía, flexibilidade e unha variedade de gamas.

Aquí tes outros exemplos do sector retail para inspirarte con diferentes aplicacións para produtos a base de madeira: horizontais, verticais ou estruturais.