A iniciativa CUBia é un proxecto pioneiro en Galicia e a nivel nacional que busca transformar a xestión dos recursos forestais mediante o uso de tecnoloxías LiDAR -SLAM e LiDAR UAV-ALS, intelixencia artificial e enfoques innovadores baseados en módulos experimentais de computación cuántica (QML/QRC).
O obxectivo principal é desenvolver e validar un sistema intelixente de volume forestal que permita a substitución do inventario manual tradicional por un sistema dixital, descentralizado e remoto, vinculado á captura de datos mediante sensores avanzados. Os datos obtidos serán procesados mediante algoritmos de intelixencia artificial para levar a cabo modelaxe preditiva que se validará con datos reais de fábrica.
Este novo paradigma ten como obxectivo mellorar a competitividade do sector madeireiro mediante inventarios escalables e precisos que faciliten a toma de decisións baseada en criterios de sustentabilidade, economía circular e transparencia na cadea de valor forestal. Finalmente, o proxecto integrará estas solucións nunha plataforma dixital que garanta a trazabilidade dos recursos en toda a cadea de valor.
Financiado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea.
Socios:
ENXEÑERÍA FORESTAL ASEFOR, S.L. (Coordinador)
FINANCIERA MADERERA S.A.
FORTOP TOPOGRAFÍA S.L.U.
GEOMATICO S. COOP. GALEGA.
Data de inicio: 01/11/2025
Data de finalización: 30/09/2028
Investimento: 1.248.009,60 €
Financiamento: 724.802,08 €
Número de expediente : IN852A 2025/04