Caso de estudo: o mellor cuarto de hotel está feito de... madeira técnica

Analizamos como a chapa de madeira natural e a melamina se aplican para reproducir o paradigma de cuarto de luxo na exposición da consultora hoteleira Inndex

Fuente: Finsa - Autor: Finsa

Como debería ser o cuarto ideal dun hotel de luxo? A madeira técnica e, especialmente, a chapa de madeira, considéranse materiais ideais para alcanzar este paradigma. A consultora hoteleira Inndex acaba de inaugurar este ano en Madrid un espazo de máis de 600 m2 no que se integran a tecnoloxía, o deseño e a accesibilidade para o sector hoteleiro. Arquitectos e decoradores especializados en hospitality e retail achéganse aos avances en materia de construción, eficiencia e deseño orientados a mellorar a experiencia do cliente e a sostibilidade dos investimentos no sector.

O showroom replica un hotel en todos os detalles: recibidor, cuartos, bar, espazos comúns... No deseño empregaron os materiais que adoitan recomendarlles aos seus clientes á hora de deseñar un hotel. Neste caso, a distinción é clave para alcanzar a excelencia segundo explica Luis Suárez, enxeñeiro do equipo de Consultoría Técnica de FINSA: «Resulta esencial mantelos constantemente actualizados para diferenciarse da competencia. Neste sentido, o material é a base de cada tipoloxía de hotel», concisa.

O abano de materiais de madeira técnica de Finsa que se aplican neste salón de exposición é amplo: taboleiro chapado en madeira natural, Compacmel Plus, Fénix, Finfloor, diversos deseños de melamina Gama DUO e Gama Studio, chan vinílico... Case que o noso catálogo completo de produtos.

Chapa de madeira: a artesanía en estado puro

Para este estudo de caso seleccionamos a chapa de madeira natural porque é o produto que admite máis traballo artesanal e máis personalización. A aplicación obsérvase nas dúas alturas nas que se estrutura Inndex: planta baixa (vestíbulo, bar e cuartos) e planta superior (oficina e despachos).

Pode que o mellor expoñente da chapa de madeira estea no panelamento de efecto de liñas verticais instalado na recepción da planta inferior. O Roble Fumé reflicte «un carácter urbano, elegante e italiano que o diferenza do hotel pensado para as vacacións», detalla Suárez. A produción e o procesamento esixiron unha carpintería á medida desde o deseño ata a colocación aínda que se trate dun produto industrial. O efecto logrado é o dun panelamento que mantén as portas ocultas.

Na parte superior de Inndex, estas liñas verticais na madeira reitéranse cun mosaico de chapa de madeira, o cal nos leva a outra característica do material: a capacidade de ofrecer resultados diferentes segundo os complementos que se lle apliquen. Isto implica coidado na montaxe e na coordinación da obra.

Ademais da súa aplicación no revestimento, a artesanía da chapa únese á nobreza do material e como parte do mobiliario dun cuarto de cinco estrelas. En concreto, a través dunha mesa.

Con este caso de estudo, esperamos terte ilustrado no manexo e nas aplicacións dun material versátil no que o traballo dunha man artesá resulta fundamental.

Fotografías: Héctor Santos-Díez

 

Se che gustou este caso de estudo, cóntanos que che pareceu en Facebook, Instagram, LinkedIn ou Twitter.