Proxecto EMYS

PROXECTO EMYS (DESEÑO E DESENVOLVEMENTO DE ENVOLVENTES DE ARMADURA LIXEIRA DE MADEIRA PARA EDIFICIOS NZEB OPTIMIZADAS PARA A PREFABRICACIÓN CON METODOLOXÍA BIM)
Finsa participa no proxecto EMYS subvencionado polo Ministerio de Economía e Competitividade a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e o fondo FEDER da Unión Europea.
O proxecto EMYS, deseño e desenvolvemento de envolventes de armadura lixeira de madeira para edificios NZEB optimizadas para prefabricación con metodoloxía BIM (IDI20171211), céntrase en obter unha envolvente de armadura lixeira para edificios NZEB optimizada para a prefabricación.

Como obxectivos específicos do proxecto destacan:
- Desenvolver e fabricar un taboleiro de fibras e partículas de madeira con capacidade estrutural para soportar cargas permanentes, o uso e o vento, e cunha superficie resistente ao vapor de auga que evite a formación de condensacións e a aparición de mofo.
- Definir o proceso tecnolóxico de fabricación industrial para integrar a característica da resistencia ao vapor de auga na superficie dos taboleiros de fibras e partículas de madeira e que permita o seu uso en envolventes de edificios con prestacións de eficiencia enerxética alta.
- Obter un método para a consecución de valores de resistencia característica e rixidez media a cortante de rodaxe e a cortante de cizallamento nos taboleiros estruturais con caras de fibra e interior de partículas de madeira que fabrica Finsa con tecnoloxía patentada de Superpan. Este proceso debe permitir calcular a súa capacidade para resistir cargas permanentes, de uso e de vento en edificacións.
- Caracterizar un taboleiro de fibras e partículas de madeira con valores de estanqueidade ao aire para garantir a hermeticidade interior da envolvente e evitar perdas enerxéticas que aumenten o consumo de enerxía nos edificios.
- Definir un sistema de xuntas e conexións para garantir a continuidade da capa de estanqueidade da envolvente en edificios de consumo enerxético case nulo (NZEB) co taboleiro de fibras e partículas de madeira desenvolvido.
- Conseguir un taboleiro de fibras e partículas de madeira que, manténdose estanco ao aire e resistente ao vapor de auga, cumpra os requisitos de clase A+ ou A no relativo ás emisións de COV. Isto implica emisións practicamente nulas para a calidade do aire interior e o feito de garantir a comodidade e a salubridade dos espazos interiores.
- Deseño de modelos 2D e 3D de seccións construtivas detalladas de envolvente NZEB para fachadas e cubertas mediante a incorporación do taboleiro de fibras e partículas desenvolvido. Isto facilitará a instalación dos sistemas e a súa prescrición técnica.
- Desenvolver un sistema de armadura lixeira con madeira estrutural resistente ao descadramento e a cargas puntuais para a seguridade estrutural da envolvente.
- Deseño dun revestimento exterior da fachada de madeira compatible co núcleo de pechamento estrutural que definiron a armadura de madeira e o taboleiro de fibras e partículas que se desenvolveu. Este deberá achegarlle durabilidade e resistencia á intemperie.
- Simplificar o cálculo estrutural de armaduras lixeiras de madeira mediante a xeración de táboas de predimensionado que recollan a casuística habitual na rehabilitación e edificación residencial de 1 a 3 plantas no ámbito xeográfico peninsular de cara a facilitar a súa implantación no mercado.
- Desenvolver un sistema de envolvente de armadura lixeira de madeira con taboleiro de fibras e partículas de madeira deseñada para o correcto funcionamento hidrotérmico. Este deberá illar termicamente para evitar perdas enerxéticas e reducir a demanda e o consumo de enerxía en calefacción ou refrixeración. Ademais, isto evitará a formación de humidades, condensacións e mofo, e garantirá a salubridade e a calidade do aire interior tendo en conta as situacións climáticas presentes na península Ibérica.
- Desenvolver unha envolvente para edificios NZEB que garanta, como mínimo, 60 minutos de resistencia ao lume para fornecer seguranza ante incendios.
- Definir e desenvolver un modelo BIM (Building Information Modelling) para a envolvente NZEB obxecto de desenvolvemento que sexa compatible co formato estándar de intercambio de datos e interoperabilidade IFC, que aglutine toda a información xeométrica, de metadatos prestacionais, planimetría, cuantificación de materiais, planificación e coordinación de execución, estimación dos custos e xestión da calidade de cara a mellorarlles a eficiencia do proceso construtivo a todos os axentes participantes.
- Definir un proceso e fluxo de traballo para a prefabricación e a montaxe da envolvente NZEB que teña en conta a todos os axentes que interveñen no proceso construtivo a fin de optimizar o seu proceso de fabricación e montaxe.
- Definir e desenvolver un modelo CAD/CAM da envolvente NZEB interoperable co modelo BIM para a execución detallada e planificada de forma óptima para a prefabricación.
- Construír un prototipo a escala 1:1 da envolvente NZEB que permita facer un seguimento das súas prestacións críticas para a madeira e a construción dunha envolvente NZEB, como son a hermeticidade fronte ao aire, o illamento térmico, o illamento acústico e a resistencia e durabilidade ante axentes atmosféricos. Isto permitirá comprobar que os requisitos calculados e simulados permanecen estables ao longo do tempo.

Axuda concedida a Finsa: 391 114,69 euros

SUBVENCIÓN DE: