O proxecto quere reducir o consumo de enerxía térmica na fabricación de taboleiros MDF mediante a intervención no funcionamento da caldeira de biomasa subministrada por Vyncke. En concreto, a idea é aproveitar a enerxía xerada durante o proceso de refrixeración da grella de combustión da caldeira, que actualmente se disipa nunha serie de aerorrefrixeradores que a liberan ao ambiente, pero desperdician calor. Para
iso, propóñense as seguintes accións:
•Instalación dun intercambiador
•Instalación dun filtro de aire
•Modificación dos condutos actuais
•Instalación de illamento nos condutos
Resultados en termos de aforro e eficiencia enerxética:
•Aforro enerxético de 9 686 000 kWh/ano
O investimento realízase en Fibranor (Rábade), no marco da liña de axudas para o aforro e a eficiencia enerxética en empresas do sector industrial e servizos 2022-2023 do INEGA, cofinanciada pola Unión Europea Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Investimento: 32 506,70 €
Financiamento: 11 377,34 €
N.º expediente: IN417Y-22A148