Solid é a nosa nova gama de superficies antipegadas brillantes ou mates. Está feito de polipropileno e é axeitado para aplicacións verticais, caracterizándose pola súa durabilidade, resistencia ao desgaste e tacto agradable. Está dispoñible en diferentes unicores,, todas elas coloreadas en masa. O polipropileno é un material menos denso que outras solucións de folio do mercado, polo que reduce a súa pegada de carbono ao requirir menos enerxía para producilo que outros compostos similares.
Características da gama Solid
- Superficies antipegadas brillantes ou mates
- Durabilidade, resistencia ao desgaste e tacto agradable
- Todas as ofertas dispoñibles son coloreadas en masa, que lles dá resistencia óptima ao desgaste e evitar problemas no corte e bordos do material.
- O seu acabado brillante/mate antipegadas dálle un aspecto moderno e competitivo para o seu uso en frontes de mobles.
- Ambos acabados son válidos en superficies para uso vertical.
- A gama Solid ofrécese sobre o noso soporte SuperPan® EZ para mellorar a calidade da superficie e proporcionar unha mellor resistencia ao envellecemeento, ademais de optimizar os procesos de mecanizado.
- Superficie revestida con adhesivos PUR, resistentes a ambientes moi húmidos, acompañada dunha película protectora na superficie.
- O acabado Solid Glow ten unha superficie de brillo de 90º (medida a un ángulo de 60º).
- O acabado Solid Matt ten unha superficie cálida e aveludada e unha reflexión da luz moi baixa.
Aplicacións recomendadas da gama Solid
A gama de superficies Solid é especialmente axeitada para:
- Mobiliario de interior, expositores, etc.
- Armarios e roupeiros
- Portas de paso e técnicas: paramentos
- Mobles de baño : frontes
- Mobles de cociña : Frontes, revestimentos contra salpicaduras
- Revestimento: Paneis decorativos
Vantaxes da gama Solid
- Facilidade de mecanizado e instalación
- Aplicación vertical
- Fácil limpeza
- Anti-pegadas
- Baixas emisións de formaldehido
Complementos
Para conseguir un acabado perfecto en calquera proxecto, ofrecemos cantos de ABS e bobinas de material Solid. Isto garante a combinación coas superficies brillantes e mates desta gama.