Unha vivenda de quilómetro cero

Peza Estudio deseña este espazo no centro de Pontevedra con materiais e servizos de proximidade

Fuente: Finsa - Autor: Finsa

«A PEGADA DO ESTUDO REFLÍCTESE NO USO DE MATERIAIS NOBLES, SINXELOS E TRABALLADOS CON AGARIMO. CON FINSA, ISTO ESTÁ GARANTIDO»
DALIA PENA, PEZA ESTUDIO. 

«Sempre que iniciamos un proxecto, temos claro que queremos que sexa o máis quilómetro cero posible», sentencia Dalia Pena, de Peza Estudio. Os motivos? «Tanto pola técnica empregada, como polos cortes e a posibilidade de personalización, todo isto sen esquecer o trato humano», recalca.
 

 

En relación con outros fornecedores, Pena destaca «a axilidade e facilidade na obtención de mostras para tocar e probar» e engade que «Finsa non só proporciona a medida que se precise, senón que tamén nos informa de tendencias e asesóranos en función das necesidades do proxecto». Con estas premisas, este é o antes e o despois desta vivenda reformada no centro de Pontevedra (Galicia).

A madeira técnica dálle un toque de deseño e achega uniformidade co chan de madeira maciza. Sobre o uso da melamina, presente no salón e na cociña, Delia Pena realza os seus beneficios en canto á flexibilidade e afirma que «é como unha pintura adaptable a distintas aplicacións».

O reto do proxecto residía precisamente no volume da cociña, onde había que situar dous accesos de entrada, disimular a entrada ao aseo e, ao mesmo tempo, lograr que o conxunto quedase uniforme e integrado.

 

Estal recalca o apoio que lle brindou Finsa ao decidir que materiais se empregarían e onde se colocarían. «Ademais da atención que nos ofreceron e do dispostos que se mostraron, déronnos confianza porque foron eles quen achegaron os coñecementos técnicos sobre os materiais». A súa axuda resultounos moi útil, algo esencial para garantir a boa experiencia dos clientes.

 

Se che gustou este caso de estudo, cóntanos que che pareceu en

Facebook, Instagram, LinkedIn ou Twitter.

Outra clave da reforma da vivenda repousa nos espazos ocultos en favor de elementos dinámicos: estantes que substitúen tabiques, unha solución de almacenamento perfecta para esconder a calefacción ou o que se desexe. 

De que se sente máis orgulloso Peza Estudio? «Dos comentarios positivos do cliente e doutros profesionais que ven o proxecto nas redes sociais. Eses comentarios que perduran tempo despois da entrega é o máis satisfactorio», conclúe.

Se che gustou este caso de estudo, cóntanos que che pareceu en Facebook, Instagram, LinkedIn ou Twitter.