Unha obra cun toque artesanal
Esta reforma na característica arquitectura de El Cabanyal respecta a tradición dotándoa de solucións decorativas e estruturais feitas con madeira técnica
«A MADEIRA TÉCNICA EN INTERIORES OFRECE SOLUCIÓNS ESTRUTURAIS E DECORATIVAS FACILMENTE APROPIABLES (E COMBINABLES)»
David Estal, arquitecto.
Actuar sobre unha zona con carácter arquitectónico moi determinado non é tarefa sinxela. David Estal, arquitecto e proxectista desta vivenda reformada, conta cunha dilatada experiencia na intervención de edificios da zona de El Cabanyal (Valencia). El mesmo explica que «aínda que todos teñen trazos comúns, cada espazo presenta a súa singularidade e, polo tanto, precisa unha solución única que non está estandarizada. Trátase dunha obra cun toque artesanal».
Como se impregnou un edificio con tradición desa singularidade necesaria? Grazas ao uso da madeira técnica. «Trátase dun material que, en interiores, ofrece solucións estruturais e decorativas facilmente apropiables (e combinables)», detalla Estal.
A reforma consistía en gañar espazo habitable e útil grazas á resolución de certas limitacións orzamentarias e estilísticas (a tipoloxía de proxecto era estreita pero alta, pasante leste-oeste e enmarcada como vivenda modernista). Este obxectivo atinxiuse grazas a un faiado disposto a dúas mans, escalable coma un caracol e cun oco central que lle proporcionara maior luminosidade a toda a casa.
Que vantaxe lle achegou a madeira técnica a esta reforma? Estal empregou SuperPan Tech P6 polas súas características: fornece unha superficie resistente de pouco grosor e unha gran variabilidade na utilización (división da escaleira en chanzos, varandas e forxado).