Unha mellora rápida para un espazo gastronómico da Guía Michelin
TALLER 32 entrou na cociña para mellorar a distribución, o uso, a estética e a iluminación mentres o restaurante estaba en funcionamento
Obra: deseño de interiores e reforma de Gastronómico María de la O
Proxectista: TALLER 32
Produtos: Fimaplast Tasmanian Moka Boreal e Fimaplast Espiga Sal Textil
Aplicacións: mobiliario a medida por Pepe & Alonso
Localización e ano: Granada, 2023
Propiedade: Grupo Abades
A CLAVE DO PROXECTO:
«COMO DIXO UNHA VEZ O ARQUITECTO REM KOOLHASS: ESCOLLER OS MATERIAIS É UN ACTO DE EQUILIBRIO ENTRE A ESTÉTICA E A FUNCIONALIDADE, ENTRE A FORMA E A SUBSTANCIA. OS PRODUTOS FINSA FACILITÁRONNOS ESTAS CARACTERÍSTICAS»
Amanda Paradís, arquitecta del estudio TALLER 32
En ocasións, é preciso levar a cabo proxectos cunha velocidade de reprodución x2, porque as empresas seguen funcionando mesmo se precisan urxentemente unha reforma que aumente o seu rendemento. O estudo TALLER 32 enfrontouse a ese reto no restaurante María de la O, situado en Granada e recomendado durante anos na prestixiosa Guía Michelin.
A aproximación inicial comezou co briefing habitual, que expuxo «problemas funcionais, deseño de interiores, distribución, iluminación… a pesar de ter excelentes críticas culinarias», explica Amanda Paradís, arquitecta de TALLER 32. Na súa procura por comprender as necesidades desde dentro, TALLER 32 foi testemuña dun servizo de cociña para tomar nota da súa execución, da experiencia culinaria e da historia que tentaba transmitir. «Un dos aspectos clave foi que tiñamos que abordar o deseño tendo en conta o restaurante estaba en funcionamento con reservas xa confirmadas, polo que o proxecto tiña que estar perfectamente planificado, cada detalle pensado e todo debía montarse e executarse no menor tempo posible», explica Paradís.
A clave para esta axilidade foi confiar en produtos que ofrecesen garantías. «Como dixo o arquitecto Rem Koolhass: escoller os materiais é un acto de equilibrio entre a estética e a funcionalidade, entre a forma e a substancia. Os produtos Finsa facilitáronnos estas características», afirma Paradís. Podemos ver Fimaplast Tasmanian Boka Boreal e Fimaplast Espiga Sal Textilaplicados nos mobles a medida para este proxecto. Paradís explica os motivos polos que optaron por estas solucións: «Pola súa resistencia á humidade e aos cambios de temperatura, ideais para un ambiente coma este onde a limpeza e a durabilidade son prioritarias, e pola súa uniformidade e consistencia, que permiten unha integración sinxela e áxil na construción de mobles e revestimentos interiores».
TALLER 32 atopou inspiración na «interacción entre o contexto físico e cultural do lugar e a visión creativa do proxecto». Aclaran que se inspiraron na «rica tradición arquitectónica e cultural de Granada, buscando incorporar elementos que reflectisen a identidade e o carácter únicos da zona. Ao mesmo tempo, a nosa visión creativa busca reinterpretar estas influencias dun xeito moderno e relevante, creando un deseño que non só responda ás necesidades funcionais do proxecto, senón que tamén provoque unha experiencia emocional e estética para aqueles que interactúan co espazo». Unha interpretación moderna que respecta a súa historia e tradición, e cuxa esencia se traslada directamente ao prato que se serve en María de la O.
Se che gustou este caso de estudo, cóntanos que che pareceu en Facebook, Instagram, Pinterest, LinkedIn ou Twitter.