Un cambio de sofisticación urbana para unha cadea hoteleira

Marga Rotger Interiorisme deseña o primeiro hotel en cidade para Protur apoiándose nunha mestura de materiais na que predomina a madeira.

Fuente: Finsa - Autor: Finsa

«A MADEIRA FUNCIONOU COMO UN FÍO CONDUTOR CO QUE PERCORRER TODAS AS ESTANCIAS DO HOTEL, UNIFICANDO E LOGRANDO ELEGANCIA E CALIDEZ»

MARGA ROTGER, DESEÑADORA DE INTERIORES.
 

A cadea hoteleira Protur ofrece espazos de retiro e relax na costa. Chegara o momento de trasladar este modelo á cidade, concretamente ao centro de Inca (illas Baleares). Marga Rotger Interiorisme presentou unha proposta rompedora e con identidade propia a través da combinación de materiais como a madeira e o ferro. Ademais, ideou un fío condutor para guiar o espazo que, á súa vez, acompañase o percorrido por todas as estancias do hotel, algo que atopou no Fimanatur Eucalipto de Finsa.

«Buscabamos unha chapa de madeira natural un pouco diferente das clásicas que se veñen empregando estes últimos anos», explica Rotger. «Entre a gran variedade que ten Finsa, optamos pola chapa de eucalipto polo seu carácter sobrio e moi elegante, ademais de pola súa gran resistencia e versatilidade», realza. Esta versatilidade reflíctese nas aplicacións. De feito, este produto atópase nos cuartos, nas zonas comúns e no restaurante.
 

Aínda que a elección estaba clara, «sempre xorden dúbidas durante a elección de materiais e das distintas opcións que se presentan», comenta Rotger. Especialmente certo en proxectos desta índole, onde convén incorporar o estilo que marca o cliente e, ao mesmo tempo, presentar unha liña innovadora. Por iso, contar con asesoramento personalizado resulta imprescindible. Para Rotger, cobra protagonismo o papel de Finsa nas recomendacións «tanto a nivel técnico como económico». O resultado? Un hotel cálido e elegante que ten na madeira o seu mellor anfitrión.

Se che gustou este caso de estudo, cóntanos que che pareceu en Facebook, Instagram, LinkedIn ou Twitter.