«Traballando con materiais tan bos faise unha grande aposta»

Área 3 e Grupo Elector reformularon estas oficinas na Torre Iberdrola de Bilbao confiando no taboleiro chapado de carballo pola súa gran durabilidade.

Fuente: Finsa - Autor: Finsa

«Un dos retos era que o material envellecese ben. O mobiliario de oficina en xeral e os armarios están perfectos varios anos despois da súa colocación».
Karmele Montejano de Terán, arquitecta responsable de proxectos e deseño de interiores de Elecnor.
 

Unha oficina con vistas á ría de Bilbao é un gran marco no que desenvolver a produtividade. Se a isto lle sumamos que se sitúa nun edificio emblemático como é a Torre Iberdrola, a obra convértese nun auténtico fito. Este espazo de traballo de Elecnor localízase nun andar alto desta estrutura que remata en punta e que dispón de forma romboidal. «Tiñamos que adaptarnos a todas as curvas xa que non existía nada en ángulo recto, polo que sabiamos que estabamos ante un reto moi desafiante”, describe Karmele Montajeno de Terán, arquitecta e responsable de proxectos e deseño de interiores de Elecnor.

 

Outra das problemáticas que debían solucionarse era a escolla de produtos porque ao cliente preocupáballe que, co paso do tempo, existise algún tipo de deterioro xa que se trata dun edificio no que entra moito sol. 

 

 

«Traballando con materiais tan bos faise unha grande aposta», sinala Montajeno de Terán. «Usamos taboleiros chapados de carballo natural polo ben que envellecen. O mobiliario de oficina en xeral e os armarios perfectos varios anos despois da súa colocación», detalla.

A elección estivo acompañada de mestría, posto que Montajeno de Terán recomendou os talleres que organizamos en FINSA para saber como se traballan as madeiras. «É unha garantía, porque a empresa renóvase continuamente e ofrece funcionalidades técnicas boas. Ademais, sempre mantén un contacto próximo para ternos ao tanto das novidades», concreta.