Todas as nosas solucións de madeira aplicadas a flex living en REBUILD 2024
Por terceiro ano consecutivo, participamos como Global Partner cun posto composto integramente polos nosos materiais e a través de cinco charlas no Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada e Construción 4.0.
Entre o 19 e o 21 de marzo voltamos a REBUILD, a feira nacional de innovación en edificación. Farémolo como Global Partner por terceiro ano consecutivo a través dun posto onde poderás ver as nosas solucións técnicas, decorativas e estruturais de madeira para flex living. Ademais, participaremos en cinco charlas no Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada e Construción 4.0, que forma parte do programa do evento.
FLEX LIVING, UN SEGMENTO EN AUXE
O flex living é un subsector de living que abrangue solucións de aloxamento temporal (coliving, serviced apartments e senior living) e que actualmente está a experimentar un auxe, xunto coas residencias de estudantes. Segundo a publicación Observatorio Inmobiliario, estímase que para 2025 o parque en España se duplicará con respecto ao ano pasado, chegando ás 20 000 camas.
UN PROXECTO REAL DE 80 M2 CON 6 SOLUCIÓNS NOVAS
O noso posto de 80 m2, situado na zona D424 do pavillón 9 de IFEMA, representará un proxecto real de coliving a escala 1/1. Este deseño de Stone Designs presenta espazos compartidos, unha terraza e dous apartamentos.
A estrutura deste coliving en muros e forxado visto apóiase en madeira contralaminada (CLT) de Xilonor. Os teitos, as celosías e as fachadas están feitos de madeira maciza de Savia, mentres que as xambas exteriores empregan o taboleiro Infinite Tricoya de alto rendemento. Tamén están dispoñibles as solucións de control solar Gradpanel Thermopine de Gradhermetic, así como as fachadas verdes VP Module Thermopine de Verde Profilo. Finalmente, na zona exterior pódense atopar os mobles Orixe, un sistema modular para espazos exteriores.
Nas zonas interiores, pódense apreciar diferentes aplicacións de Finsa Tech, Finsa Design e Finsa Process na cociña, os revestimentos, o mobiliario (escritorios, zapateiros, armarios, mesas de noite, cabeceiros, cabinas) e a estrutura. O pavimento emprega Finfloor XL Vera, de Finsa Flooring, recoñecido co premio Red Dot Design Award ao mellor deseño de produto en 2023.
No posto exhíbense as seguintes seis novidades, deseñadas especificamente para este tipo de espazo
-Fibrapan Bio, unha nova innovación de Finsa que ofrece unha solución sostible e saudable con emisións equivalentes ás da madeira natural. Será un dos materiais propostos para os premios Advanced Architecture Awards que se entregarán durante REBUILD 2024.
-Novidades de Finsa Design: acabados de 2023, Hpl e a colección Studio con dúas caras e calidade ignífuga.
-Mesado Xtrim dentro da liña Finsa Process.
-Perfís Matrix Clip co listón de Grad aplicados na parede e no teito de Savia.
-Solucións para exterior de Savia: novo perfil Duplo.
-Verde Profilo Modulo Thermopine, sistema Vp Módulo - ThermoPine de Verde Profilo e Savia de módulos vexetais e madeira termotratada froito dun desenvolvemento conxunto entre Savia e Verde Profilo, aplicado como solución de interiores.
FINSA, NO CONSELLO ASESOR DE INNOVACIÓN DE REBUILD E NO CONGRESO NACIONAL DE ARQUITECTURA E CONSTRUCIÓN AVANZADA 4.0
Na nosa procura por axudar a avanzar na industria da construción, participaremos nas seguintes mesas redondas no Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada e Construción 4.0, onde explicaremos as nosas propostas para o sector:
FLEX LIVING BY FINSA. Martes 19 de marzo de 11:45 h a 12:00 h en Socotec Theatre
-Guillermo Plaza, responsable do segmento living na Consultoría Técnica de Finsa.
TEMOS SUFICIENTE MADEIRA PARA CONSTRUÍR? Mércores 20 de marzo de 15:30 h a 16:15 h no Main Auditorium SIKA.
-Sebastián Barajas, director xeral Treehood.
-Francisco Roca, director da fábrica de CLT de Xilonor.
-Unai Gorroño, director comercial de Egoin.
-Xavier Aguiló Aran, International Managing Director SOCOTEC REAL ESTATE
Modera Gonzalo Anguita Alegret, director executivo en FSC España.
O CONCEPTO WOOD FOR GOOD. PROXECTOS COLABORATIVOS DE BAIXA PEGADA DE CARBONO. Mércores 20 de marzo de 16:15 h a 17:00 h no Main Auditorium SIKA.
-Jose Antonio de Pedro CDO (Chief Development Officer) do Distrito Natural.
-Andrés Horcajada, CEO de Tectum GM.
-José Aguilar, socio fundador e CEO de AGVAR Arquitectos.
-Jacinto Seguí, director de Consultoría Técnica e Prescripción en Finsa.
Modera Pablo Saiz Sánchez, cofundador e CAO Woodea
INVESTIMENTO PÚBLICO E PRIVADO COMO CONECTOR DO SECTOR FORESTAL E A CONSTRUCIÓN EN MADEIRA. 20 de marzo de 17:15 h a 18:15 h no Workshop Arena.
-Eduardo Rojas, presidente de PEFC Internacional.
-Daniel Ibañez, CEO Instituto Arquitectura Avanzada de Cataluña, director de -Urbanitree SLP, Director de Mass Madera
-José Antonio de Pedro, CDO (Chief Development Officer) do Distrito Natural.
-Jacobo Aboal, Xera, Axencia Galega da Industria Forestal, da Xunta de Galicia.
-Modera, Ismael Olveira, Director Negocio Madeira Maciza de Finsa e Secretario do Patronato da Fundación Arume.
PROXECTOS COLABORATIVOS ENTRE FABRICANTES. DESEÑO E FABRICACIÓN DE PRODUTOS E SISTEMAS INDUSTRIALIZADOS. Xoves 30 de marzo de 17:00 h a 18:00 h no Main Auditorium SIKA.
-Karolina Iwanowick, Innovation Coordinator – Kaleido Ideas & Logistics
-José Luis Suárez Sierra, director xeral de Enxeñaría en COMPOÑENTES E UNIDADES CONSTRUCTIVAS SL
-Jacinto Seguí, director de Consultoría Técnica e Prescripción en Finsa.
Modera Miquel Ángel Juliá, Concept Arquitect
Se queres estar ao día sobre Finsa, síguenos nas nosas redes sociais: Facebook, Instagram, Pinterest, LinkedIn ou Twitter.