Thermopine: a madeira máis respectuosa co medio ambiente
Una das maiores vantaxes de Thermopine de Finsawood é o seu carácter sostible, xa que o proceso de termotratado evita a aplicación de produtos químicos.
O consumo de produtos derivados da madeira contribúe positivamente ao mantemento e aumento dos bosques, xa que cada m3 de madeira utilizado en lugar doutro material pode aforrar a emisión á atmosfera dun total de 2 toneladas de CO2.
Thermopine: madeira 100 % madeira
Pero non todas as madeiras son iguais. Aínda que se trata dun material de orixe natural e de carácter sostible, para o seu emprego na construción adoita ser sometida a diferentes procesos orientados a aumentar a súa resistencia e a súa vida útil. Procesos nos que se aplica unha serie de produtos químicos para acabar cos axentes biolóxicos da madeira: os fungos que habitan no seu interior e os xilófagos, que son insectos que se alimentan dela.
Thermopine é a primeira madeira que é 100 % respectuosa co medio ambiente, xa que nela non atoparás rastros de produtos químicos grazas ao proceso de termotratado. Este tratamento somete á madeira a unha combinación de presión, temperatura e vapor de auga que elimina a necesidade de recorrer a ningún elemento externo, como no caso da madeira con tratamento de autoclave.
O proceso de termotratado
O proceso ten lugar nun forno especial, unha cámara con atmosfera libre de osíxeno, onde a madeira é sometida a temperaturas de ata 240º C durante un longo período de tempo, que pode chegar ás 100 horas. A temperatura e o tempo varían en función da especie de madeira e as dimensións das pezas.
A clave para que esas altas temperaturas non carbonicen a madeira está no equilibrio entre a presión atmosférica e o vapor de auga. É coma se a madeira sufrise un proceso de fosilización do que só quedan as fibras da madeira. Ademais dos xilófagos e os fungos, elimínase a súa humidade residual e as resinas que puidese conter.
A importancia da ausencia de químicos
Usando un proceso natural, sen ningún tipo de químicos, eliminamos todo aquilo que afecta á durabilidade do produto e deixamos a estrutura para que perdure máis tempo. Isto convérteo nun tratamento idóneo para revestimentos de exteriores, tanto de tarimas como de paredes e teitos.