Revisa os portfolios de proxectos con materiais de Finsa que lanzamos o ano pasado
En 2024 presentamos catro catálogos que recompilan fotografías das catro tipoloxías onde os nosos materiais están máis presentes: Living, Workplace, Retail e Hospitality, que suman un total de 75 obras
- Un total de 28 proxectos de Living
- Workplace: todo tipo de espazos de traballo
- Retail: tendas, clínicas e hostalería
- Hospitality: hotel urbano, vacacional, boutique ou albergue
- Variedade de producto e aplicacións
- En 2024 presentamos catro catálogos que recompilan fotografías das catro tipoloxías onde os nosos materiais están máis presentes: Living, Workplace, Retail e Hospitality, que suman un total de 75 obras
O último ano foi extremadamente produtivo en termos de mostrar como se aplican os materiais de Finsa, co lanzamento de catro novos portfolios de obras que recompilan fotografías dos catro tipos de proxectos onde os nosos materiais están máis presentes: Living, Workplace, Retail e Hospitality. Todos eles suman un total de 75 casos, o que demostra a gran versatilidade e variedade dos produtos de Finsa, axeitados para todo tipo de aplicacións e estancias: desde un complexo hoteleiro ata unha vivenda unifamiliar, ou desde unha perruquería ata oficinas corporativas.

O porfolio de Living, presentado en Rebuild como vén sendo habitual nos últimos anos, abriu a veda. Nesta ocasión, o catálogo estaba máis cheo do habitual, xa que incluía un total de 28 obras. Isto permitiu unha ampla variedade de casos: vivendas unifamiliares, reformas de apartamentos, colivings, promociónsplurifamiliares e residencias de estudantes.

No mes de maio lanzouse o porfolio de Workplace, que volveu amosar 14 espazos de traballo moi variados. Incluíanse oficinas corporativas, como as novas instalacións de Grupo Anaya ou Switch, sede corporativa de Simon; espazos únicos como Bernardí Hub ou edificios emblemáticos como Miguel Ángel 23, en Madrid, unha obra de Fenwick Iribarren e propiedade de Colonial. Outro caso orixinal incluído no catálogo é a reforma do estudio Ágora Arquitectura, onde unha mesa co noso taboleiro Greenpanel é a protagonista, tanto que chamou a atención de Tectónica.