Reforma de piso en Bilbao
Karola Estudio, con sede en Bilbao, recibiu o encargo de reformar un antigo apartamento na súa propia cidade. Tras a renovación, este pequeno piso de 50 metros cadrados pasou de ofrecer unha imaxe anticuada a proxectar unha atmosfera luminosa e acolledora.
Os profesionais de Karola Estudio acadaron o seu obxectivo de capturar a serenidade do estilo Japandi —unha combinación de estética xaponesa con deseño escandinavo— grazas ao uso de superficies de madeira, unha iluminación suave e unha paleta de cores relaxantes.
En concreto, optaron pola decorativa Acacia Suave Mesura de Finsa para os mobles da sala de estar; o escritorio, as mesas de noite e os andeis do dormitorio; e as frontes da cociña. Para esta última habitación tamén escolleron Crema Sil Soft III para as portas dos módulos superiores. Todo isto, ademais de facer do apartamento un fogar máis agradable, faino máis espazoso e acolledor.
Aplicación: Mobles de sala de estar, estantes, escritorios, mesas de noite e frontes de cociña
Produto: FibraPan® Decor Acacia Suave Mesura e Crema Sil Soft III
Fotógrafo: Gorka Ortega
- Bilbao
- 2024
- Karola Estudio