Pode a madeira técnica formar parte dun oasis urbano?
De que solucións en madeira está formada #ConnectiveNatureByFinsa, a exposición coa que acudimos ao Salone de Milán? Contámoscho nesta publicación co máis destacado do evento mundial de deseño.
#ConnectiveNatureByFinsa, o oasis que conecta a cidade coa natureza a través da madeira, foi o expositor que levamos ao grande evento de deseño mundial da época posterior á pandemia: o Salone de Milán. Tes curiosidade por saber que solucións integran a nosa mostra de storytelling? A selección de materiais non se fixo ao azar. A artífice, Izaskun Chinchilla, tivo moi en conta as sensacións que transmiten as distintas solucións. Explicámosche as máis relevantes a continuación.
Para a estrutura FINLIGHT 51 mm formou as tesoiras do teito e os piares perimétricos e centrais, todo en distintos acabados (Roble Alba, Eucalipto Fumed, Palisandro Mugal, Jupiter Legno e Roble Fumed Venato). Nos perfís vexetais aplicouse FIBRACOLOUR 10 mm en acabados Amarillo EZ, Antracita EZ e Negro EZ. Por último, THERMOPINE Pino 2400x100x26 mm compuxo a tarima.
Fotografía: Alessandro Garofalo
Fotografía: Alessandro Garofalo
O cocoon tamén usou FIBRACOLOUR negro 19 mm en distintos acabados ultramate para a estrutura e o asento: toda unha gama de verdes (Verde Arcilla, Verde Ecology, Verde Natural, Verde Nube, Verde Salvia e Verde Talco) para a estrutura e Apricot Fruit, Aqua Blue, Azul Nube, Azul Talco, Lila, Malva Talco, Rosa Nube e Rosa Talco para o asento.
Fotografía: Alessandro Garofalo
Mesa e lounge comparten FIBRACOLOUR negro 19 mm en varios acabados ultramate (Azul Nube, Biscuit, Gris Coco, Gris Suave, Natural Grey e White SR209 na mesa e Apricot Fruit, Nectar Juice, Rosa Nube, Rosa Sahara, Rosa Talco, Rosa Nube, Nectar Juice, Apricot Fruit, Rosa Nube e Soft III Bronce Salvora no lounge). O mesado está composto por GREENPANEL 50 mm na base e nas patas e SUPERPAN 19 mm en acabado Technicalmatt Verde Glencoe na superficie.
Fotografía: Alessandro Garofalo
TRICOYA en 25 mm sen acabado superficial e a súa versión en 18 mm con acabados laminados en branco, gris e negro combináronse para crear o estanque.
Fotografía: Alessandro Garofalo
As randeeiras contaron con FIBRACOLOUR 19 mm en acabados téxtiles: Tweed Natural, Espiga Salt e Espiga Pimienta.
Fotografía: Alessandro Garofalo
As cadeiras de aros construíronse con COMPACMEL 13 mm en acabados Amarillo Sol, Crema 005, Azul EO e Rojo.
Fotografía: Alessandro Garofalo
O colorido sofá de bólas contou cunha estrutura de FIBRANATUR (MDF STD) 41 mm en acabados Acra Wood e Jupiter Legno 7b.
Fotografía: Alessandro Garofalo
Técnica e produto para completar a inspiración
Ademais de ofrecer un oasis urbano para a reflexión e inspiración, tamén falamos do desenvolvemento de produtos a fin de crear solucións innovadoras a través de dúas experiencias.
Primeiro, nunha mesa redonda con Agvar Architects, ISG e o Director do congreso técnico de REBUILD, falamos de Gradpanel Thermopine, unha solución desenvolvida entre Savia (Finsa) e Gradhermetic que marcou un punto de inflexión na planificación do proxecto de vivendas Petit Village para o concello de Madrid. Este proxecto forma parte dunha rede de 96 cidades de todo o mundo que tomaron acción contra a crise climática. O produto que lle outorgou un valor diferencial á edificación é un sistema de fachada sostible, de baixo impacto ambiental e reciclable que combina os elementos de aluminio reciclado de segunda fusión coas pezas decorativas de piñeiro termotratado, unha madeira estable, duradeira e sen aditivos químicos. Esta solución gañou os premios Advanced Architecture Awards 2020 de Rebuild.
Outro dos grandes éxitos en desenvolvementos colaborativos foi o último caso que expuxemos: #FinsaXSimonCoLab, unha solución de madeira técnica que incorpora elementos de luz para reducir custes, aumentar a rapidez de instalación e optimizar o mantemento. Nesta sesión acompañáronnos SIMON, a empresa coa que colaboramos para desenvolver o produto, ISG e REBUILD.
Se queres informarte das nosas novidades, síguenos en redes sociais (tes os botóns na parte inferior da páxina) e inspírate coa nosa revista de estilo de vida e hábitat, chamada Connections by Finsa.