Enxeño+ implementará, polo tanto, solucións e tecnoloxías dixitais adaptadas á realidade da planta de Ourensa, a planta de referencia do Grupo para a fabricación de taboleiros que servirá de referencia para as restantes plantas do Grupo no tocante á transición cara á fábrica intelixente. As tecnoloxías desenvolvidas no proxecto poden adaptarse, escalarse e despregarse noutras plantas do Grupo, tanto en Galicia como en toda España e Europa, para proporcionar unha solución integral que tamén pode transferirse a outros sectores industriais.
Para iso, propóñense cinco liñas de acción: sustentabilidade, tecnoloxías de fabricación intelixente, sensorización e conectividade no mantemento preditivo, loxística intelixente e ciberseguridade. O obxectivo final é implementar un novo modelo de fábrica intelixente baseado no concepto da Industria 4.0 e orientado á fabricación sostible, flexible, eficiente e personalizada de novos produtos de madeira de alto valor engadido.
O proxecto forma parte do Programa Industrias do Futuro 4.0 – Fábrica Intelixente da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e conta co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020.
Consulta toda a información en: enxeno.es