Máis de vinte proxectos nacionais e internacionais no novo portfolio de hostalería

Unha selección de obras que demostran que as solucións de madeira de Finsa Design, Finsa Tech e Savia poden conseguir todo: dende deseño de interiores ata mobiliario.

24-10-2023 Fuente: Finsa - Autor: Finsa

Precisas inspiración para proxectos de hospitality? Non perdas o noso novo portfolio con máis de vinte obras recentes que demostran como as solucións de madeira de Finsa Design, Finsa Tech e Savia, o noso negocio de madeira maciza con equipamento modular para exteriores Orixe, axudan a executar un proxecto desde o deseño de interiores ata o mobiliario.

Todos os tipos de hospitality que poidas imaxinar
Case sesenta páxinas recollen diferentes tipos de hospitality: hoteis vacacionais, hoteis urbanos e complexos hoteleiros de catro e cinco estrelas, colivings, albergues, residencias de estudantes e residencias de maiores. 
Cada obra inclúe unha lista dos produtos empregados, a área específica onde se empregaron e o ano de execución (entre 2022 e 2023).
 

Inspiración desde Senegal ata España
Para ofrecer unha variedade de estilos, seleccionamos edificios de diferentes latitudes: España (Madrid, As Palmas, Lanzarote, Mallorca, Canfranc, Benidorm, Barcelona, Salou, Marbella e Sevilla), Irlanda (Dublín), Senegal (Mbour), Portugal (Porto) e República Dominicana (Punta Cana).
 

Atopa aplicacións para o produto que estás buscando
Para facilitar o uso do documento aos profesionais da arquitectura e o deseño de interiores, a última páxina inclúe unha lista xerárquica das solucións de Finsa por tipoloxía e a súa aplicación no proxecto: revestimentos, armarios, cabeceiros, portas, teitos, mobles personalizados, mobles de cociña e mobles de exterior.

Recibe as últimas novas de Interihotel seguíndonos nas redes sociais: Facebook, Instagram, Pinterest, LinkedIn ou Twitter

Non perdas a programación especial que dedicaremos ao evento na nosa revista de estilo de vida e fogar, Connections by Finsa, á que podes subscribirte de balde nesta ligazón para coñecer as tendencias que inflúen no deseño de interiores.

Unha selección de obras que demostran que as solucións de madeira de Finsa Design, Finsa Tech e Savia poden conseguir todo: dende deseño de interiores ata mobiliario.