Mellora da eficiencia enerxética do ventilador de tiro da caldeira Vyncke

O proxecto quere reducir o consumo de enerxía na fabricación de taboleiros MDF mediante unha serie de accións que afectan ao funcionamento do ventilador de tiro da caldeira Vyncke. Este ventilador está accionado por un motor eléctrico de 800 kW cunha tensión de alimentación de 6000 V e un arranque por reóstato, que actualmente non funciona da maneira máis eficiente. O investimento quere mellorar o sistema de arranque e regulación mediante a instalación dun variador de frecuencia de 1250  kW nunha nova sala eléctrica, a cal estará equipada con aire acondicionado e un sistema de protección contra incendios. Ademais, optimizarase a regulación mediante unha nova programación do PLC e SCADA existentes, o que permitirá controlar a velocidade en función das necesidades e, en consecuencia, optimizar o consumo segundo a demanda de produción. Finalmente, o rodamento do motor existente substituírase por rodamentos illados para impedir a circulación de correntes e o deterioro debido ao funcionamento do variador.

Resultados en termos de aforro e eficiencia enerxética:

•Aforro enerxético de 1 262 507 kWh/ano
•Redución de emisións de CO2 equivalentes a 416,63 t CO2/ano

O investimento realízase en Orember (Ourense), no marco da liña de axudas de aforro e eficiencia enerxética para empresas do sector industrial e servizos 2022-2023 do INEGA, cofinanciada pola Unión Europea Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Investimento: 213 953,21 €
Financiamento: 74 883, 62 €
N.º expediente: IN417Y-22A146