Materiais Finsa en hospitality: casos de éxito

De establecementos de grandes cadeas a selectos hoteis boutique, pasando polos novos hostel, hoxe repasamos casos de éxito no emprego das solucións decorativas Finsa en interiorismo hostaleiro.

14-04-2020 Fuente: Finsa - Autor: Finsa

Os materiais Finsa pódense aplicar en calquera estancia dun hotel. Desde a máis luxosa suite á recepción, pasando polos espazos comúns ou as áreas de restauración, a nosa gama de produtos ofrece alternativas para todos os estilos decorativos e todos os orzamentos. A mellor maneira de mostralo é a través desta recompilación de casos de éxito nos que se empregaron. 

Grandes cadeas hoteleiras: RIU Plaza de España e Novotel Madrid Center

A calidade dos nosos materiais vén avalada polas grandes compañías hoteleira. Unha das últimas en confiar en nós foi RIU Hoteis para o seu recentemente estreado Hotel RIU Plaza España, situado en plena Gran Vía. Os acabados en madeira Nogal Victoria e Roble Aurora da nosa Gama Dúo achegan elegancia e confort  no mobiliario das habitacións e o revestimento da área de recepción, as salas de reunións, corredores e zonas comúns.

Tamén na capital de España atópase o Novotel Madrid Center, o hotel con maior capacidade da cadea. O grupo IHP someteuno a unha renovación para levalo cara a un estilo contemporáneo e elegante na que os nosos materiais achegan calidade, deseño e funcionalidade. O hotel xoga cos tons terrosos, nos que encaixan á perfección o noso Roble Sinatra empregado no mobiliario das habitacións, pero tamén o Visón Chic do revestimento da zona de entrada.

Hoteis boutique: Pestana Collection e One Shot

O Hotel Pestana Plaza Mayor de Madrid é un coidado hotel boutique situado nun edificio histórico, do que Estudio b76 tomou a inspiración para crear un lugar único e con personalidade. Entre os moitos detalles de deseño exclusivo que inclúe atópanse os escritorios e as mesas das súas habitacións, que incorporan a calidade da madeira co noso acabado Roble Hera Sega, combinada cunha estrutura de aceiro.

Os hoteis boutique One Shot son outro escaparate perfecto para os materiais Finsa. O Hotel One Shot Mercat 09 é un lugar singular, composto por 22 habitacións todas diferentes entre si. Para garantir o confort dos seus hóspedes prestouse especial atención aos acabados, entre os que nos atopamos diferentes deseños da nosa Gama Dúo aplicados no panelado dos seus corredores e as zonas sociais.  

Os novos albergues

Os albergues xa non son eses espazos reservados a mochileiros con pouco orzamento. 2060 The Newton Hostel & Market é a mostra: un espazo creativo e de deseño deseñado por Wanna One. As súas liteiras foron realizadas con melamina Verde Oxford da Gama Duo de Finsa de maneira personalizada, adaptándose a cada unha das habitacións para garantir un bo descanso pero, ao mesmo tempo, fomentar a interactividade entre os viaxeiros.

Inndex

O espazo de exposicións da consultora hostaleira Inndex é outro dos espazos onde arquitectos e decoradores especializados en hospitality poden ver os nosos produtos aplicados. Chapas de madeira natural, melaminas da Gama Dúo, chans Finfloor… Os produtos habitualmente prescritos pola consultora mostran aquí a súa mellor cara.