Os materiais Finsa chegan a un dos edificios máis emblemáticos de Madrid

Acabados Finsa en nogueira e carballo para transmitir a esencia dos anos 50 no Hotel Riu Plaza España

28-01-2020 Fuente: Finsa - Autor: Finsa

O novo Hotel RIU Plaza España está chamado a figurar entre os mellores hoteis de Madrid. Situado no emblemático Edificio España da Gran Vía madrileña, o programa arquitectónico e de interiorismo desenvolveuse respectando a súa historia. «urante dous anos destinamos o mellor talento, toda a nosa experiencia e un gran esforzo a facer realidade este novo hotel que devolve a vida ao Edificio España e que esperamos que tamén sirva de panca para rexenerar a zona»,explica Luís RIU, CEO de RIU Hotels, sobre un proxecto que cualifica de «apaixonante e complexo» 

Proxectista: ADG Interiorismo
Produto: Compacmel Plus, Fimaplast Nogal Victoria e Tessuto, Fibraplast Ignífugo  Roble Aurora e Nogal Victoria.
Aplicación: mobiliario de cuartos, armarios, panelado e revestimento en recepción, zonas comúns, zona de reunións e corredores de evacuación.
Localización: Madrid
Ano: 2019

 

O deseño de interiores recupera o esplendor orixinal do edificio, inaugurado en 1953 como Hotel Plaza. Ademais da restauración e posta en valor dos elementos protexidos, como as columnas de mármore e baixorrelevos da entrada, a decoración busca transmitir a esencia dos anos 50 e 60 aos seus visitantes.

O Riu Plaza España conta con 585 cuartos en cuxo interior combínanse os mármores brancos co cristal e a madeira, presente no mobiliario, que foi fabricado empregando Compacmel Plus e Fimaplast en acabado Nogal Victoria. Para o revestimento interior dos armarios recorreuse a Fimaplast co acabado de aparencia téxtil Tessuto. Toques decorativos en dourado e negro evocan os anos 50, nun espazo deseñado de maneira que permite que a luz natural atravese toda a estancia ata o baño. 

O principal atractivo do Hotel RIU Plaza España está nos dous sky bar situados nas últimas plantas, que presumen de ter as mellores vistas da cidade. Pero ademais as súas instalacións contan con ximnasio, piscina, restaurante e 5.000 m2 de espazo para eventos. Distribuído en 17 salas de reunións, nelas empregouse Fibraplast ignífugo con acabado Roble Aurora para o panelado e o revestimento das columnas. Entre todas destaca a Sala Madrid, un espazo diáfano, de dobre altura e con luz natural, con capacidade para 1500 persoas. 

Para o panelado doutras áreas do hotel recorreuse tamén ao  Fibraplast ignífugo pero con acabado Nogal Victoria, en sintonía co mobiliario dos cuartos. Podémolo ver na recepción, e nas zonas comúns, nos corredores de evacuación e á beira dos ascensores.