Traemos o noso oasis urbano CONNECTIVE NATURE by Finsa ao Fuorisalone 2022
Ofreceremos aos visitantes de Tortona Rock no Salone di Milano unha reflexión sensorial e interactiva sobre o papel das persoas na sociedade e a súa relación coa natureza
Tras dous anos de circunstancias globais adversas, Salone de Milán, o maior evento internacional de deseño de interiores, regresa co formato presencial ao que nos ten acostumados. Finsa non podía faltar ao evento e levará a súa exposición CONNECTIVE NATURE by Finsa do 7 ao 12 de xuño a Tortona Rocks, unha incubadora de tendencias transversais en produtos e mobles de deseño, novas tecnoloxías, instalacións, colectivos e creación de proxectos.
O noso espazo: reconexión a través da madeira
CONNECTIVE NATURE by Finsa é unha exposición sensorial e interactiva que invita a reflexionar sobre o lugar das persoas na sociedade a través de oito conexións coa natureza. Ideouse en colaboración co estudo da arquitecta Izaskun Chinchilla, recoñecido pola súa defensa dun urbanismo inclusivo que teña en conta as persoas á hora de deseñar espazos públicos
As persoas que visiten Opificio 31 no Fuorisalone poderán experimentar o poder da natureza, concretamente da madeira e dos bosques, para volver conectarnos coa nosa esencia e descubrir o noso lugar no mundo a través dos sentidos.
O itinerario consta de oito experiencias sensoriais:
- A primeira consiste nunha cadeira cun respaldo especial a modo de niño, onde se pode escoitar o canto dun paxaro, unha terapia que axuda a combater os trastornos emocionais.
- A segunda convida a compoñer unha fermosa imaxe sobre unha superficie de auga na que se atopen formas xeométricas inspiradas no tangram.
- A terceira anima a abanear o corpo cos ollos pechados nun arrandeadoiro para tomar conciencia do dinamismo.
- O cuarto paso ten como obxectivo espertar a adrenalina e a conexión íntima que xorde ao contar un segredo nun ambiente axeitado.
- A quinta experiencia presenta un espazo de herba para deitarse a practicar a relaxación e recuperar a seguridade.
- O sexto percorrido propón recitar un haiku, un breve poema relacionado coa natureza, a outra persoa sentada dentro desta instalación de asentos en cores florais. Despois de ler, débese reaccionar cun sorriso.
- A sétima fase consiste nun sofá feito de elementos inchables que ceden de forma desigual ao peso de cada parte do corpo. Este dispositivo anima a percibir a propia esencia a través desta práctica común na meditación.
- A experiencia final culmina nunha conexión comunitaria onde os visitantes comparten unha boa lembranza nunha mesa circular. Este peche reflicte a esencia das memorias compartidas como elementos unificadores das comunidades.
En definitiva, CONNECTIVE NATURE by Finsa anima a crear unha experiencia colectiva de todo o percorrido a través das redes sociais, empregando diferentes hashtags en cada etapa do itinerario da exposición.
As nosas charlas e actividades en Tortona Rocks
Ademais de gozar dunha experiencia inesquecible no noso espazo, tamén se pode asistir ás mesas redondas nas que participaremos:
CO DEVELOPED CONSTRUCTION: PETIT VILLAGE AGVAR/FINSA – GRADPANEL THERMOPINE – GRADHERMETIC/FINSA
08/06 – 11:00 hrs.
-Jose Aguilar, CEO founder Agvar Architects.
-Ignasi Pérez, congress director REBUILD.
-Jacinto Seguí, Technical Consultancy and Specification director Finsa.
-Moderator: Ignacio Luengo. ISG Limited IBERIA Business Development director.
CO CREATED PRODUCTS & SYSTEMS: FINSA SIMON COLAB, NEW INDUSTRIALIZED INTERIOR DESING SYSTEMS
08/06 – 14:00 hrs.
-Ignacio Luengo, ISG Limited IBERTIA Business Development Director.
-Gonzalo Batista, Tertiary business corporate director SIMON.
-Jacinto Seguí, Technical Consultancy and Specification director Finsa.
-Moderator: Ignasi Pérez, congress director REBUILD.
Tamén están previstas visitas guiadas, dirixidas pola propia Izaskun Chinchilla ou por un membro do seu equipo. Serán do 7 ao 10 de xuño, ás 18:00 h. E celebraremos un cóctel, con aforo limitado, o 9 de xuño ás 20:00 h.
Estamos en Opificio 31 do Fuorisalone en Via Tortona.