Finvalia

Finvalia ten como obxectivo contribuír á transformación da cadea de valor da industria da madeira técnica mediante o desenvolvemento de tecnoloxías baseadas na intelixencia artificial que permitan avanzar na dixitalización, rastrexabilidade, eficiencia e sustentabilidade dos procesos de fabricación, comercialización e reutilización da madeira técnica.

O proxecto propón o desenvolvemento de solucións para a xestión, o control e a optimización de procesos cada vez máis complexos que requiren novos coñecementos e ferramentas para manexar grandes volumes de datos e información.

Un consorcio de catro empresas, Couceiro, Foresa, Puertas Vales e Finsa, impulsa Finvalia. Centros tecnolóxicos, universidades e empresas, maioritariamente galegas, están implicados na súa execución.

En outubro de 2023, comezaron os traballos de deseño, execución e demostración de 25 proxectos piloto en seis liñas de acción: ciberseguridade, mantemento, loxística, sustentabilidade, mercado e produción. As actividades desenvolveranse ata setembro de 2026 nas fábricas e centros das empresas en Santiago, Ourense, Padrón, Rábade, Cambre, Aranga e Caldas de Reis.

Proxecto IN854A 2023/05. FINVALIA. Transformación dixital dos procesos de fabricación e comercialización de madeira técnica, sostible e baseada na intelixencia artificial, subvencionada pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

• Socios: Couceiro, Foresa, Puertas Vales e Finsa (coordinador)
• Data de inicio: outubro de 2023
• Data de finalización: setembro de 2026
• Investimento: 11 381 613,53 €
• Financiamento: 2 912 151,61 €
• Web: www.finvalia.es
• N.º de expediente: IN854A 2023/05