Finsa presenta na Milan Design Week unha ollada emotiva a través de esculturas de luz
«Underlight, design as nature by Finsa x Arturo Álvarez» é unha colaboración co artista galego que propón unha viaxe sensorial dende o bosque ata espazos construídos con madeira
Por sétimo ano consecutivo, participamos no evento internacional de referencia do deseño, a Milan Design Week. Farémolo con Underlight, design as nature by Finsa x Arturo Álvarez, unha proposta de viaxe sensorial dende o bosque ata espazos construídos en madeira, a través de catro esculturas de luz creadas polo artista Arturo Álvarez. Ademais, formaremos parte de tres espazos doutras marcas a través da aplicación de produtos: a marca de iluminación Qu Lighting e os estudios de arquitectura One Works e Dainelli Studio.
Underlight pódese visitar no distrito de Brera -na Brera Design Week- dentro do palacio do século XIX de Via Solferino 17, sede do Colexio de Arquitectos de Milán e da súa Fundación. Deseñada polo estudio de arquitectura Parisotto + Formenton, a instalación invita ao público a descubrir o ciclo vital da madeira e o seu papel na construción dos espazos que habitamos. Pódese visitar do 7 ao 13 de abril.
A través das esculturas de luz de Arturo Álvarez, emprendemos unha viaxe sensorial que destaca todos os procesos invisibles que constitúen a base da creación dun produto e que, para Finsa, comezan co coidado dos bosques e remata coa conexión coas persoas. Con esta participación na Milan Design Week, Finsa acepta o reto do tema do Fuorisalone 2025 «Thought for Humans», coa idea de situar ao ser humano no centro e lembrar que cada proxecto debe responder, con intelixencia emocional, ás necesidades do individuo.

A instalación consta de catro esculturas de luz situadas en catro salas, onde cada sala representa unha fase do ciclo da madeira e a súa relación cos humanos:
- «Hábitat Primario»: O bosque represéntase como o punto de orixe, o comezo do ciclo vital de Finsa, sen o cal nada podería existir..
- «Procesos cíclicos»: O proceso como expresión da fragmentación e reconstrución da madeira, símbolo da circularidade do proceso de produción.
- «Ondas de Conexión»: O océano Atlántico como conectador global, o océano como ponte entre a natureza, a cultura e a innovación para definir a identidade global de Finsa.
- «Forza Orgánica»: A madeira e as persoas ilustran o diálogo entre os humanos e os materiais, unha relación que evoluciona e se transforma a través do deseño.
En paralelo a Underlight. Design as nature by Arturo Álvarez, a sede do Colexio de Arquitectos de Milán, en colaboración con Finsa, acollerá a exposición dedicada ao Premio Europeo de Arquitectura Matilde Baffa e Ugo Rivolta. A exposición, situada no patio, mostrará os proxectos gañadores da novena e última edición do premio, dedicado aos mellores proxectos europeos no ámbito da vivenda social.