Finsa participou na Milan Design Week 2024 cunha instalación deseñada por Parisotto + Formenton Architetti
«Il senso di Finsa per il legno – Nomad Spaces» está dedicado a espazos nómades e a un novo concepto de hospitality, e pódese visitar na Sede da Orde de Arquitectos de Milán.
Finsa volveu participar na MDW2024 do 16 ao 21 de abril coa instalación «Il Senso di Finsa per il Legno - Nomad Spaces», deseñada por Parisotto + Formentón Architetti.
No distrito de Brera, dentro dun edificio do século XIX na Via Solferino 17, sede da Orde dos Arquitectos de Milán e da súa Fundación, a instalación temporal deseñada por Parisotto + Formenton Architetti destaca e crea unha visión conceptual do espazo. Aquí destaca o material Finsa, aplicado tanto nos espazos interiores como exteriores. Finsa tamén ofreceu un rico programa de charlas, debates e mesas redondas sobre temas relacionados co deseño, as técnicas de construción e hospitality durante as xornadas de FuoriSalone.
Un concepto marcado polos materiais
Todas estas áreas, o xardín de descanso, o lugar de traballo, o espazo habitable, a zona Urban Hotel e a área deseñada para as charlas, teñen un elemento común: os materiais de Finsa, comezando polo chan. Finfloor Evolve Durable estivo presente en todo o interior, cos seus deseños Kalmar Blanco, Twilight Oak e Kalas Bruno.
O espazo de Urban Hotel estaba dominado por Fibracolour Negro, Amarillo, Gris e Rojo, que lle proporcionan unha aura distinta en comparación co resto das zonas. Ademais, atopamos materiais como o deseño Superpan Studio White con acabado Blues, entre outros, que encaixan perfectamente con deseños como o TopGlass Glow Blanco Pure.
Na área de Coliving atopamos o Fibracolour Negro TEX, con diferentes acabados como Mojave, Fuji, Cement e Flute. Ademais, vemos materiais como o Superpan Studio co deseño Titanio Tambo Calypso, que se une ao Fintop Xtrim co deseño Creta Marfil Moa, o Superpan EZ LAM ou o Topglass Matt entre outros.
No exterior, no xardín de descanso, a estrela indiscutible foron os materiais Savia, dende Thermopine ata Orixe, o sistema de mobiliario modular de Savia deseñado por Stone Design. Tamén estivo presente a fachada de madeira con clip combinado, una novidade da marca. Na fachada exterior tamén puidemos atopar VP Modulo Thermopine, o sistema industrializado de fachada de módulos vexetais e madeira termotratada, froito dun desenvolvemento conxunto entre Savia e Verde Profilo, o cal facilita a creación de xardíns verticais. Tamén atopamos o sistema Gradpanel Thermopine, froito da colaboración entre Savia e Gradhermetic baseado nun perfil Thermopine de 100x42 que permite o deseño de celosías en toda a envolvente do edificio.
Un espazo nacido das sinerxías
Unifor e Govoni Mobili, ocupáronse da instalación e das pezas en colaboración con Gradhermetic e Verde Profilo. Tamén é fundamental mencionar a NIC polo mobiliario de baño do Urban Hotel, a QU iluminación pola iluminación decorativa interior e exterior e a Living Divani polos asentos na zona de coliving.
Coa súa participación na MDW, Finsa asumiu o reto lanzado por Fuorisalone 2024, centrado no tema «Materia Natura», o cal promove hospitality e a participación nun espazo deseñado con especial atención á sustentabilidade, parte do ADN da empresa. Deste xeito, Finsa continúa traballando, como desde fai case un século, deseñando e implementando solucións técnicas e decorativas para os espazos que nos rodean.
Unha axenda chea de mesas redondas e debates
Ademais, durante o Fuorisalone, a axenda do espazo Finsa estivo chea de mesas redondas, reunións e debates.
A semana da marca incluíu un evento diario ás 18:00 h sobre temas como o deseño de edificios innovadores en madeira, novos escenarios no mundo das oficinas e a vivenda, e retos no sector hospitality, onde conviven espazos híbridos e fluídos, entre outros. Entre os oradores atopábanse perfiles como: José Aguilar, de Agvar Arquitectos; Daniel Ibáñez, director do IAAC (Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña); Andrea Boschetti, arquitecta e urbanista do Studio Metrogramma; Juan Lago, arquitecto e fundador do Grupo Labit; Roberto Molinos, arquitecto e director de Modelical; entre outros.