Descubre todas as feiras e eventos nos que participaremos durante o último cuadrimestre do ano

Asistiremos a varios eventos esenciais de deseño de interiores e construción en España, así como a varias exposicións en Irlanda e nos Estados Unidos

10-09-2024 Fuente: Finsa - Autor: Finsa

Tralas vacacións de verán, Finsa da comezo á tempada de «volta ao cole» coa súa participación en varios eventos imprescindibles de deseño de interiores, fogar e construción en madeira, tanto en España como no estranxeiro, concretamente en Irlanda e nos Estados Unidos. Neste artigo, repasamos todas esas citas esenciais.

Feira Hábitat Valencia 

A primeira feira na que estaremos presentes é Feira Hábitat Valencia, a Feira Internacional do Moble e a Iluminación, considerada o principal escaparate internacional da industria española do mobiliario para o fogar. Terá lugar en Feria Valencia do 30 de setembro ao 3 de outubro. En concreto, Finsa estará presente outro ano máis con material para nude, o espazo para novos deseñadores e talentos emerxentes. Animamos a visitar os diferentes espazos para descubrir o traballo destes profesionais, así como coñecer o uso dos nosos materiais na exposición. 

WMA en Texas e NBMDA en Nova Orleáns (EE. UU.)  

En outubro, volveremos ver aos nosos clientes e distribuidores nos Estados Unidos e tamén presentaremos o noso amplo portfolio de produtos ao mercado norteamericano con dous grandes eventos. 

Por unha banda, do 6 ao 10 de outubro estaremos na World Millwork Alliance (WMA) en Texas, unha feira que se celebra dende 1964 e que xa é un encontro de referencia para o sector da madeira e a carpintería. 

Por outra banda, do 22 ao 24 de outubro asistiremos á convención anual da NBMDA (North America Building Material Distribution Association) en Nova Orleáns, onde expoñerán máis de mil empresas relacionadas co sector da construción

En ambos eventos nos Estados Unidos, Finsa América presentou o seu amplio portfolio de produtos a clientes e distribuidores actuais, pero tamén a novos contactos: desde os nosos taboleiros técnicos ou chan laminado ata unha ampla gama de solucións decorativas

Archiexpo en  Dublín 

Outra das feiras de outubro tamén terá lugar fóra das fronteiras españolas. Concretamente en Irlanda, xa que Finsa regresa por sexto ano consecutivo a ArchiExpo,, que se celebra en Dublín do 9 ao 10 de outubro

Nesta feira, mostraremos novos acabados e solucións industrializadas para espazos residenciais e hospitality nun posto creado totalmente cos nosos produtos. Alí presentaremos as principais innovacións para este tipo de espazos, tanto en zonas exteriores como interiores: o patio, a cociña comunitaria e a zona común.
 
Egurtek en Bilbao 

De volta a España, en outubro estaremos en Bilbao para un dos eventos imprescindibles para arquitectos, enxeñeiros e todos os profesionais do sector da construción en madeira. Falamos do Egurtek, o Foro Internacional de Arquitectura e Construción en Madeira. Ademais da zona de exposicións, Finsa estará presente no Congreso. Celebrarase no Bilbao Exhibition Centre (BEC) os días 16 e 17 de outubro.  
 
Conferencia Española de Passivhaus en Madrid 

Así mesmo, volveremos a estar presentes na Conferencia Española Passivhaus (CEPH), o principal foro do país sobre edificación pasiva. Trátase dun evento de catro días onde, ademais de poder mostrar os nosos materiais de construción na zona de exposicións, participaremos en conferencias e obradoiros

Este ano, a CEPH terá lugar en La Nave en Madrid, do 22 ao 25 de outubro. Ademais dos produtos de construción de Finsa, mostraremos aos asistentes os materiais de madeira maciza de Savia e CLT de Xilonor

Piñeiros 24 en Santiago de Compostela 

Ademais, o Grupo Finsa asiste e participa en Piñeiros 24, a cuarta edición do encontro internacional sobre a cadea de valor das coníferas,, organizado pola Fundación Arume e celebrado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o martes 29 de outubro.

Piñeiros xa é un evento clave para toda a cadea forestal da madeira, xa que cada ano aborda innovacións e tendencias, tanto no ámbito forestal como na cadea industrial do piñeiro. O evento deste ano centrarase no papel da madeira na industrialización da construción, con Francia como país convidado.

Interihotel en Madrid 

E, por suposto, asistiremos a Interihotel, o evento líder en deseño e decoracións de hoteis e restaurantes. A feira celebrarase do 19 ao 21 de novembro en IFEMA Madrid. Este ano a feira preséntase baixo o concepto creativo «Supernova, catalyzing hospitality design» e, como cada ano, contará con obradoiros, conferencias e premios, ademais da zona de exposicións. 

En Finsa, volvemos participar cun posto creado totalmente cos nosos materiais, deseñado por un recoñecido estudio de deseño de interiores, onde presentaremos a nosa proposta de materiais e solucións de madeira para as diferentes estancias dun proxecto hoteleiro. Centrarémonos en mostrar as propostas decorativas da área de Finsa Design
 
Novo portfolio de Hospitality 

Como fixemos nos últimos anos, aproveitaremos Interihotel para lanzar o noso novo portfolio de Hospitality, un catálogo que recolle algúns dos últimos proxectos hoteleiros máis destacados con materiais de Finsa. Como en ocasións anteriores, o portfolio recolle obras de diferentes países do mundo e incluirá diferentes tipoloxías: vacacional, urbana, complexo hoteleiro, apartamentos turísticos ou apartoteis. 
 
Segue as novidades nas nosas redes sociais 

Para estar ao día das novidades sobre a nosa participación nestas feiras e eventos, recomendámosche que nos sigas nas nosas redes sociais. Podes visitarnos en Instagram, LinkedIn, X, Facebook ou Youtube.
 
Asistiremos a varios eventos esenciais de deseño de interiores e construción en España, así como a varias exposicións en Irlanda e nos Estados Unidos

Tralas vacacións de verán, Finsa da comezo á tempada de «volta ao cole» coa súa participación en varios eventos imprescindibles de deseño de interiores, fogar e construción en madeira, tanto en España como no estranxeiro, concretamente en Irlanda e nos Estados Unidos. Neste artigo, repasamos todas esas citas esenciais.

Feira Hábitat Valencia 

A primeira feira na que estaremos presentes é Feira Hábitat Valencia, a Feira Internacional do Moble e a Iluminación, considerada o principal escaparate internacional da industria española do mobiliario para o fogar. Terá lugar en Feria Valencia do 30 de setembro ao 3 de outubro. En concreto, Finsa estará presente outro ano máis con material para nude, o espazo para novos deseñadores e talentos emerxentes. Animamos a visitar os diferentes espazos para descubrir o traballo destes profesionais, así como coñecer o uso dos nosos materiais na exposición. 

WMA en Texas e NBMDA en Nova Orleáns (EE. UU.)  

En outubro, volveremos ver aos nosos clientes e distribuidores nos Estados Unidos e tamén presentaremos o noso amplo portfolio de produtos ao mercado norteamericano con dous grandes eventos. 

Por unha banda, do 6 ao 10 de outubro estaremos na World Millwork Alliance (WMA) en Texas, unha feira que se celebra dende 1964 e que xa é un encontro de referencia para o sector da madeira e a carpintería