Lembra todos os eventos nos que participamos durante a primeira metade de 2024
Comezamos o ano asistindo ao Madrid Design Festival e tamén asistimos ás feiras HIP e Rebuild, así como á Milan Design Week
Coas festas á volta da esquina, é hora de repasar a primeira metade do ano, durante a cal Finsa participou en varios eventos w ferias relacionados co deseño e a vivenda. Nesta publicación, repasaremos a nosa participación no Madrid Design Festival, nas feiras HIP e Rebuild e a Milan Design Week.
Finsa no Madrid Design Festival
Xardín seco xaponés
Por quinto ano consecutivo, Finsa estivo presente no Madrid Design Festival, unha das citas máis destacadas no mundo do deseño en España, como empresa patrocinadora e participando a través de varias iniciativas. E cales foron esas propostas? A máis destacable foi un xardín seco xaponés -Karensaui, en xaponés- feito cos nosos materiais na sección Fiesta Design. Este «edén» foi deseñado por estudantes da Universidade de Tecnoloxía e Deseño (UDIT) e, para crealo, empregaron un dos nosos produtos máis innovadores, Fibrapan Bio, helaborado con resinas biolóxicas da propia árbore. Para o xardín seco, tamén se empregaron o taboleiro de altas prestacións Finsa Infinite Tricoya®, o taboleiro decorativo Fibracolour e os taboleiros texturizados Fibrapan Tex.
Charla sobre novos espazos de traballo
A nosa participación no festival tamén incluíu unha charla como parte do programa Madrid DesignPRO titulada «Novos espazos de traballo. Creación, desenvolvemento e resultado. Perspectivas sobre un camiño común nun proxecto conxunto entre deseño e industria». A nosa compañeira Sonia Gandasegui, do equipo de Deseño, moderou este punto de encontro no que participou Conchi García Rodríguez, de 3g office; Carlota Manzano Laina, de Carlos Manzano Arquitectos; e Rocío Fernández Parrado, de Forma 5.
Materiais de Finsa como soporte para exposicións
Finalmente, colaboramos proporcionando materiais para as exposicións «Cadeiras: iconas do deseño moderno» e «Miguel Milá: deseñador (pre)industrial», que se celebraron no Centro Cultural Fernán Gómez de La Villa. n concreto, empregáronse os nosos taboleiros Fibracolour, MDF e Finsa Infinite Tricoya® como soportes para exposicións.
Finsa en HIP
En febrero de 2024 tamén estiveron presentes en Horeca Professional Expo (HIP), unha cita imprescindible para os profesionais do sector Horeca que se celebra anualmente en Ifema (Madrid). No posto de 20 m² deseñado por Jaime Beriestain Studio, mostramos como podemos crear interiores flexibles, sostibles e cheos de deseño. No espazo expuxéronse máis de 20 acabados de Finsa Design e Finfloor.
Finsa en Rebuild
E en marzo chegou unha cita ineludible, Rebuild, a feira nacional de innovación en edificación celebrada en Ifema (Madrid), onde por terceiro ano consecutivo estamos presentes como Global Partner, cun posto donde mostramos as nosas solucións técnicas, decorativas e estruturais en madeira para flex living.
Un posto Finsa 100%
No noso pavillón de 80 m2 deseñado por Stone Designs, se representouse un proxecto real de coliving a escala 1/1. O posto estaba elaborado integramente con materiais de Finsa: a estrutura fabricouse con madera contralaminada (CLT) de Xilonor e os teitos, as celosías e as fachadas eran de madeira maciza de Savia. Nas zonas interiores, realizáronse diversas aplicacións de Finsa Tech, Finsa Design e Finsa Process e escoulleuse Finfloor para o chan.
Rebuild foi a ocasión para presentar diferentes novidades de cada unha das marcas, áreas de produtos e coleccións, como o pavimento Finfloor Roble Vera Dulzura e Claridad XL -gañador do premio RED DOT 2023-, o mesado Xtrim ou o taboleiro Fibrapan Bio.
Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada e Construción 4.0
Ademais, como tódolos anos, participamos no Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada e Construción 4.0, que ten lugar como parte do programa do evento. En concreto, nesta ocasión participamos en cinco charlas.
Rebuild tamén foi unha boa ocasión para presentar o noso porfolio de obras Living 2024, que recolle unha selección de 28 obras nacionais e internacionais que contan cos nosos materiais e abarcan todo tipo de espazos residenciais: vivendas unifamiliares, reformas de vivendas, novas promocións, residencias de estudantes e colivings.
Milan Design Week
No mes de abril chegou a Milan Design Week. Desde Finsa voltamos un ano máis a Fuori Salone, cun espazo titulado «Il senso di Finsa per il legno - Nomad Spaces» e deseñado por Parisotto + Formenton Architetti, que se puido visitar na sede do Colexio de Arquitectos de Milán, en Brera Design District.
A instalación efémera estaba dedicada aos espazos nómades e a un novo concepto de hospitality e, por suposto, todas as salas foron deseñadas con materiais de Finsa. O espazo incluía un xardín para establecer contactos, unha zona de traballo, un espazo para estar, unha zona de hotel urbano e unha zona deseñada para charlas.
Mesas redondas e debates
Do mesmo xeito, durante o Fuorisalone, o espazo Finsa acolleu mesas redondas, reunións e debates. Todos os días ás seis da tarde había unha cita para debater temas relacionados co deseño, os materiais innovadores ou os novos escenarios en diferentes tipos de proxectos.
Colaboracións en Mayrit e Domaine de Boisbuchet
Desde Finsa tamén colaboramos na primeira metade de 2024 mediante a achega de materiais a dous dos eventos máis interesantes:
Mayrit
A Bienal de Deseño e Arquitectura Mayrit celebrada en maio en Madrid acolleu unha iniciativa na que os nosos materiais cobraron especial protagonismo. «Pegadas de Transformación By Finsa» foi unha experiencia desenvolvida por Idoia Cuesta e Inés Sistiaga que promove a conexión de artistas cos procesos e materiais da madeira a través dun obradoiro de dous días. Neste curso, exploraron técnicas artesanais e fomentaron un diálogo profundo sobre as diferentes etapas da transformación da madeira, desde o bosque ata o obxecto final. Os resultados do traballo realizado polos 20 participantes do obradoiro estiveron expostos no Centro de Deseño de Matadero. Para os soportes da exposición empregouse a nosa cor Fibracolour, mentres que as chapas de madeira natural deron forma ás esculturas trenzadas.
Domaine de Boisbuchet
Domaine de Boisbuchet eé un centro internacional de investigación sobre deseño e arquitectura que conta cun fermoso campus no suroeste de Francia, onde se celebran obradoiros e outras actividades para profesionais e estudantes cada verán. Este mes de xullo, do 7 ao 13, acollerá un obradoiro impartido pola arquitecta Izaskun Chinchilla titulado Pic Nic The Earth. Finsa colabora neste obradoiro, proporcionando varios taboleiros de Finsa Infinite Tricoya, que o alumnado empregará para crear unha escultura.
Coas festas á volta da esquina, é hora de repasar a primeira metade do ano, durante a cal Finsa participou en varios eventos w ferias relacionados co deseño e a vivenda. Nesta publicación, repasaremos a nosa participación no Madrid Design Festival, nas feiras HIP e Rebuild e a Milan Design Week.